Liño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sco:Lint; cambios estética
Liña 9:
O '''liño''' é unha planta [[herbácea]] que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das [[lináceas]]. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos [[Botánica|botánicos]] co nome de ''Linum usitatissimum'' L. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as [[fibra]]s longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas, usadas con fins medicinais.
[[Ficheiro:perennial flax or linum perenne.jpg|thumb|200px|left|Flor de liño]]
== Historia ==
Non se coñece a data e o lugar nos que o home utilizou por primeira vez as fibras flexíbeis do liño para confeccionar o tecido, nin cando a planta comezou a ser cultivada.
Desde 2.500 anos a.C. o liño era cultivado no [[Exipto]], e o Libro de [[Moisés]] refírese á perda dunha colleita de liño como unha “praga” ou desgraza, tal era a súa importancia na vida das poboacións. As cortinas e o Veo do Tabernáculo e as Vestes de Arón como oficiante eran en “liño fino retorcido”. A túnica de [[Cristo]] era de liño sen costuras.
 
== As zonas de cultivo ==
Encóntranse hoxe en dia case exclusivamente en [[Europa]]. [[Bélxica]] e os [[Países Baixos]] fornecen as mellores cualidades de liño.
 
== Tipos ==
Plantanse tres tipos de liño:
* Liño de fibras (liño para debullar), para a obtención de fibras téxtiles;
* Da semente, para a obtención de [[aceite de liñaza]], base da pintura ao óleo.
* Liño de cruzamento, conseguido polo cruzamento do liño de fibras co de aceite; foi desenvolvido para dar un rendemento suficiente de fibras e aceite.
 
== O liño na Galiza ==
[[Ficheiro:Allariz museo lino 01.JPG|thumb|250px|Sobre a mesa, a "espadela"; á súa esquerda, en pé, a "espadeleira".]]
[[Ficheiro:Carda, Santiago de Compostela.jpg|250px|thumb|"Restrelo" para aseda-lo liño.]]
Liña 29:
En 2009 a cooperativa [[Feiraco]] tamén se sumou á recuperación do liño, como complemento natural para a alimentación das vacas.<ref>Feiraco planta liño en Galicia para mellorar a alimentación das vacas. Telexornal 04/06/2009 (TVG)</ref>
 
== O liño na cultura popular galega ==
=== Refraneiro ===
* Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martiño, nin fabas nin liño. <ref> Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martiño, 11 de novembro.</ref>
 
=== Cantigueiro ===
* ''Hei ir á fía esta noite,/ e hei de matar o candil,/ e heille mazar a cotena/ a un 'majo' que campa alí''.
 
== Referencias ==
<references/>
 
== Ligazóns externas ==
* [http://linho.iespana.es/lexico.htm O léxico do liño na Galiza]
* [http://www.edu.xunta.es/portal/contenido?comando=ContenidoDinamicoComando&accion=verRecurso&rID=79f037d4-4532174a-010157db-718e0f42&trID=8921cb80-453431ca-001803fb-54f18d4a&roID=56d4e69c-4532174a-01f1c407-17541c80&lID=gl&troID=89165fda-453431ca-001803fb-7166bfe9 Unidade didáctica sobre o liño]
* [http://www.hort.purdue.edu/newcrop/duke_energy/Linum_usitatissimum.html ''Linum usitatissimum'' (Purdue University)]
 
[[Categoría:Plantas]]
Liña 84:
[[ro:In]]
[[ru:Лён обыкновенный]]
[[sco:Lint]]
[[sh:Lan]]
[[simple:Flax]]