Raíña de Sabá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ms:Ratu Balqis
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: it:Regina di Saba; cambios estética
Liña 3:
A '''raíña de Sabá''' é unha personaxe que aparece en varios documentos literarios da antigüidade. Tería reinado sobre o reino de Sabá, sito aproximadamente entre o [[Iemen]] e [[Etiopía]].
 
Sonlle atribuídos nomes persoais diferentes segundo as fontes. Así as tradicións abisinias chámana ''Makeda'', as do Iemen ''Balqama''; as do [[Islam]] ''Bilqis'' e ''Balkis'' e as [[Etiopía|etíopes]] ''Makedda, Magda, Maqda'' ou ''Makera'', que significa "grandeza". Na [[Biblia]] non se menciona seu nome.
 
== Os diferentes relatos ==
[[Ficheiro:Claude Lorrain 008.jpg|right|250px|thumb|Claude Lorraine, Embarque da raíña de Sabá]]
As fontes non contan as mesmas anécdotas, nin os mesmos detalles sobre o encontro en [[Xerusalén]] entre a raíña de Sabá e [[Salomón]], rei de [[Israel]]. Mais a raíña é, en todos os casos, descrita como unha muller sublime e considerada unha persoa de profunda sabedoría, en casos dotada dunha elevada intelixencia, en noutros casos, como unha maga tentadora.
Liña 11:
Cabe lembrar, polo demais, que os nomes moi antigos son a miúdo [[transcrición]]s, pudendo variar a súa ortografía bastante segundo as fontes. Así, na tradución francesa da Biblia, de [[Louis Segond]], lese Seba en vez de Saba.
 
=== Relato bíblico ===
Segundo a [[Biblia]] hebrea, a raíña do país de Sabá oe falar da grande sabedoría do rei Salomón e decide viaxar para pólo a proba con preguntas, levándolle regalos en especias, ouro e xemas. A raíña fica pasmada polo saber e riqueza de Salomón, e recita unha bendición do Deus de Salomón. Salomón responde con regalos e ''"todo o que ela desexe"''. Logo a raíña regresa ao seu país. A raíña parece ser moi rica, e entrega 4.500 quilos de ouro a Salomón. Este relato está recollido no primeiro [[Libro dos Reis]], 10:1-13, e amplamente copiado no segundo [[Libro das Crónicas]], 9:1-12.
 
O [[Cantar de Salomón]] contén algunhas referencias que teñen sido varias veces interpretadas como alusións ao amor entre Salomón e a raíña de Sabá. Así, a namorada en 1:15 declara: "Son moura, pero fermosa". Porén, en opinión dos [[eséxeta]]s o Cantar refírese á viúva de Salomón, a filla do [[Faraón]], da que se descoñece tamén o nome.
 
=== Lendas xudías ===
O historiador [[Flavio Xosefo]] (''Antigüidades'', 8.6.2ff) subliña o desexo da raíña por aprender. Dalle o nome de "Nikaule", evidentemente facendo conxecturas sobre unha conexión con a [[Nitocris]] de [[Heródoto]] (2.100).
 
Lendas xudías tardías rechean moitos dos detalles narrativos. A galantería de Salomón de regalarlle "todo o que ela desexe", é concretado nun encontro sexual. Foron feitos tamén ímprobos esforzos para escolmar unha lista de adiviñas con as que a raíña de Sabá probaría a verdadeira sabedoría de Salomón. Outra tradición relata que cando a raíña atopa a Salomón, este estaba nunha casa de cristal; crendo que estaba na auga, a raíña ergueu a saia, ensinando unhas pernas peludas. O desagrado de Salomón converteuse nunha historia [[etioloxía|etiolóxica]] sobre a orixe da depilación.
 
=== Fontes etíopes ===
No ''Kebra Negast'', ou "As Gloriosas Memorias do Imperio", un libro sagrado da [[Etiopía]], dise que a propia Makeda tería criado unha regra segundo a cal "só unha muller pode reinar". Aparentemente, Sabá era unha sociedade [[Matriarcado|matriarcal]] na que o poder era pasado aos descendentes pola vía feminina. No mesmo libro afírmase que a dinastía dos reis da Etiopía provén do fillo do rei Salomón e de Makeda e que desta unión a lei mosaica foi levada para Etiopía.
 
=== Relato coránico ===
O [[Corán]] nunca menciona a Raiña de Sabá polo nome, aínda que outras fontes [[Lingua árabe|árabes]] chámana ''Bilqis'' ou ''Balkis''. A historia ten algunhas semellanzas coa bíblica. O Corán presenta o rei Salomón tendo noticias dun reino gobernado por unha raíña cuxos súbditos renden [[culto ao Sol]]. Envíalle unha mensaxe convidándoa a visitalo. Ela replica cun regalo, logo de consultar ao seu pobo. Salomón responde tentando unha invasión. Entón un "jin", un xenio, servente do rei, proponlle levalo polo aire ata o trono de Sabá "nun pestaneo de ollos" (27:40). A raíña chega á súa Corte, veo no trono, e cando ela entra no seu pazo de cristal, a raíña acepta a fe de [[Abraham]] e a crenza nun único deus.
 
=== Outras fontes islámicas ===
Segundo Ibn Kathir, ''Historias dos Profetas'', Salomón viaxou en peregrinación á Mezquita Sagrada da [[Meca]] (construída polo profeta Abraham). Logo, continuou a viaxe cara o Sur ata a cidade de [[Sanaa]], a actual capital do [[Iemen]], onde quedou impresionado polo complexo sistema de canles de irrigación (Sanaa está próxima a [[Ma'arib]], a suposta capital de Sabá). Salomón envía unha [[bubela]] a explorar o país, para logo poder detectar auga subterránea, con vistas a poder construír un sistema de canais semellante no propio país. A bubela volveu onde un amargado rei, canso de esperar, con noticias dun reino (Sabá) gobernado por unha raiña (Bilqis) adoradora do Sol.
 
O [[Corán]] non indica por onde se estendía exactamente o reino de Sabá, pero moitas fontes islámicas menciona a cidade de Ma'arib, no Iemen, como a capital de Sabá. Indagacións arqueolóxicas atoparan un templo, ''Ma'abed Bilqis'', "o templo de Bilqis", xusto en Ma'arib. Hai centos de anos unha praga de ratos furaran o dique dun encoro en Ma'arib, provocando unha chea que na práctica aniquilou a cidade e os seus habitantes. O Corán menciona na [[azora]] 34, 15-16 como o reino de Sabá fora destruído séculos despois de Bilqis, a causa de que a xente se volvera politeísta.
Liña 34:
Fontes, non islámicas contan que Bilqis era a "irmá do sol", ou tamén, que era filla dun "jin" (espírito, xenio). É unha crenza corrente que Bilqis era solteira cando o seu encontro con Salomón e que casou con el decontado ao pouco.
 
== A raíña de Sabá na arte ==
=== Operas ===
* [[George Frideric Handel]], ''Solomon'' (1749)
* [[Charles Gounod]], ''Reine de Saba'' (1862)
* [[Karl Goldmark]], ''Die Königin von Saba'' (1875)
 
=== Ballets ===
* [[Ottorino Respighi]], ''Belkis, regina di Saba'' (1930-31)
 
=== Cine ===
* ''The Queen of Sheba'' (1921), starring [[Betty Blythe]]
* ''[[Solomon and Sheba (1959 film)|Solomon and Sheba]]'' (1959), starring [[Yul Brynner]] and [[Gina Lollobrigida]]
* ''[[The Queen of Sheba Meets the Atom Man]]'' (1963), directed by [[Ron Rice]]
* ''[[Solomon and Sheba (1995 film)|Solomon and Sheba]]'' (1995), starring [[Halle Berry]]
 
[[Categoría:Biblia]]
Liña 73:
[[hr:Kraljica od Sabe]]
[[id:Makeda]]
[[it:MakedaRegina di Saba]]
[[ja:シバの女王]]
[[ko:시바의 여왕]]