Calisto III, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: br:Kallistus III
aumentado desde es:Calixto III
Liña 1:
{{Papas en progreso}}{{PapS-XV}}
[[Ficheiro:Calixtus III.jpg|thumb|left|Calisto III]]
 
'''Calisto III''', nado co nome de '''Alfonso de Borja y Cavanilles''' en Torreta de Canals (actual barrio de [[Canals, València|Canals]]), no [[Reino de Valencia]], o [[31 de decembro]] de [[1378]] e finado en [[Roma]] o [[6 de agosto]] de [[1458]], foi o Papa n.º 209 da Igrexa Católica, desde [[1455]] a [[1458]].
 
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a este papa como ''Bos pascens'' ('o boi que pace'), facendo referencia ao escudo de armas da súa familia, os Borgia, no que aparece un boi dourado pacendo.
 
==Traxectoria==
Procedía da nobre familia dos Borja, procedentes da vila aragonesa de de [[Borja, Zaragoza|Borja]], instalados no reino de València tras participar na súa conquista xunto a [[Xaime I de Aragón|Xaime I]].
 
Logo de estudar leis en [[Zaragoza]] foi profesor de Dereito na [[universidade de Lleida]], onde chamou a atención do [[antipapa]] [[Bieito XIII, antipapa|Bieito XIII]], que o atraeu á súa causa no enfrontamento que o[[Cisma de Occidente]] provocara na Igrexa. O seu apoio ao antipapa convirteuno tamén en protexido do valenciano [[San Vicente Ferrer|Vicente Ferrer]], e valeulle ser nomeado canónigo da [[catedral de Lleida]] e entrar ao servizo de [[Afonso V de Aragón]] como xurista e diplomático.
 
Trala morte de Bieito XIII en [[1423]], tres dos seus cardeais reuníronse en [[cónclave]] e elixiron como sucesor a [[Clemente VIII, antipapa|Clemente VIII]] que instalou a súa sé en [[Peñíscola]].
 
En [[1429]] Afonso V, que apoiara a Bieito XIII, deseoso dun achegamento a [[Roma]], enviou a Alonso de Borja como legado a Peñíscola coa misión de lograr que o antipapa Clemente VIII renunciase e se sometese ao papa [[Martiño V]]. O éxito da súa negociación, que supuxo a fin do cisma que dividira a Igrexa desde 1378, supúxolle a Alonso o nomeamento como bispo de [[València]]. Nesta cidade permaneceu tres anos, marchando en [[1432]] para acompañar a Afonso V como vicechanceler e conselleiro real na campaña que remataría en [[1442]] coa conquista do [[reino de Nápoles]].
 
O [[2 de maio]] de [[1444]] foi nomeado cardeal por [[Uxío IV, papa|Uxío IV]] e comezou cunha práctica que definiría o seu pontificado: o [[nepotismo]], ofrecendo aos seus dous sobriños dos que era titor, [[Luis Juan de Borja]] e [[Rodrigo de Borja]], importantes cargos e beneficios eclesiásticos.
 
===Papado===
Conselleiro do papa [[Nicolao V, papa|Nicolao V]], trala súa morte en [[1455]] foi elixido pontífice, adoptando o nome de Calisto III. A súa elección estivo influenciada polo rei Afonso V.
 
Tras ocupar o seu posto, chamou aos seus dous sobriños, dándolles categoría de príncipes e nomeando notario apostólico a Rodrigo e otorgando o goberno de [[Bologna]] a Luis Juan. Ao ano seguinte nomeounos cardeais.
 
A súa atención como pontífice centrouse na reconquista de [[Constantinopla]] que caera en mans do [[Imperio Otomán]] en [[1453]]. Intentou organizar unha [[cruzada]] enviando delegacións a [[Inglaterra]], [[Francia]], [[Alemaña]], [[Hungría]], [[Portugal]] e [[Reino de Aragón|Aragón]]. Aínda que nun principio recibiu o apoio de húngaros, portugueses e xenoveses, só a flota húngara partiu cara a [[Belgrado]], que se encontraba sitiada polo exército do [[sultán]] turco, [[Mahomet II]]. A victoria conseguida o [[14 de xullo]] de [[1456]] non evitou que a cruzada fose un fracaso.
 
Tamén en 1456 estableceu unha comisión que anulou o xuízo que, en [[1431]], condenara a [[Xoana de Arco]], declarándoa inocente dos cargos de [[bruxería]] polos que fora queimada na fogueira. Ese mesmo ano promulgou a [[bula]] ''Inter Caetera'', pola que garantía ao reino de Portugal a exclusividade da navegación ao longo da costa africana. Un ano antes, en 1455, canonizou a San Vicente Ferrer.
 
En [[1458]], xa cara ao final do seu pontificado, enemizouse coa coroa de Aragón, pois trala morte do que fora o seu grande aliado, Afonso V, negouse a recoñecer ao seu fillo, [[Fernando I de Nápoles|Ferrante I]], como rei de Nápoles ao considerar que dito reino pertencía á Igrexa.
 
Segundo unha versión coñecida por vez primeira nunha biografía póstuma, embelecida e popularizada no século XVIII polo matemático francés [[Pierre-Simon Laplace]], Calisto III [[excomunión|excomulgou]] ao [[cometa Halley]] en [[1456]], con ocasión da súa aparición sobre Europa, debido á tradicional crenza nos [[cometa]]s como símbolo de mal agoiro, en particular naquela época contra os defensores cristiáns da cidade de [[Belgrado]], sitiada polos otománs. Con todo, esta versión carece de sustento histórico firme. A bula de Calisto III do 29 de xuño de [[1456]], onde solicita as oracións dos fieis para o triúnfo da cruzada, nin sequera menciona o cometa. O 6 de agosto de [[1456]], cando o sitio da cidade foi roto polos defensores, facía varias semanas que o cometa deixara de ser visible.
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
{{commons|Pope Callixtus III}}
*[http://www.elsborja.org Institut Internacional d'Estudis Borgians] {{ca}}
 
[[Categoría:Papas]]