Tribunal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: war:Korte
mSen resumo de edición
Liña 1:
Un '''tribunal''' é un órgano da [[Poder xudicial|Administración de Xustiza]], que en sentido propio se identifica cos órganos xurisdiccionais pluripersoais, é dicir, os formados por varios xuíces, actuando de xeito colexiado.
 
==Funcionamento e características==
A expresión ''tribunal'' pode ser utilizada en sentido amplo para comprender calquera órgano xudicial, tanto os tribunais propiamente ditos como os orgános xurisdiccionais unipersoais ou [[xulgado|xulgados]]. Neste sentido é utilizada a palabra nalgunhas [[lei|leis]] e tamén en expresións como "levalo aos tribunais". Por extensión, tamén se denomina tribunal ao conxunto de persoas reunidas para xulgar exames e concursos ou para outorgar premios.
 
===Maxistrados===
Os xuíces que forman parte nos tribunais teñen a categoría de maxistrados. De ordinario son tres os maxistrados que forman tribunal para administrar xustiza, aínda que para determinados asuntos e sempre en instancias superiores, incluída a constitucional, o número é maior, dependendo do ámbito xurídico do que estemos a falar, pero sempre en número impar, para evitar empates nas votacións.
 
Na función de maxistrado dun tribunal cómpre destacar como roles específicos o de presidente do tribunal e o de relator. O cargo de presidente ten vocación de permanencia e accédese a el a través de concurso ou outros mecanismos de provisión de postos de traballo; o presidente dirixe os debates nos xuízos e vistas públicas e ten funcións de caracter orgánico. En cambio, o relator desígnase para cada preito ou causa, a designación efectúase entre os compoñentes do tribunal segundo unha quenda preestablecida; o relator informa dos recursos interpostos contra as decisións do tribunal e propón e redacta os autos e sentenzas.
 
==Administración galeg==
A [[Administración de xustiza galega]] está integrada por cinco tribunais xurisdiccionais: o [[Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]] e as catro [[audiencia provincial|audiencias provinciais]].