Reino de Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: de:Königreich Valencia
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh-min-nan:Valencia Ông-kok; cambios estética
Liña 43:
A nobreza aragonesa consideraba as terras conqueridas en Valencia como unha prolongación dos seus señoríos. Xaime I, porén, tiña un estilo político extratemporal que na actualidade se podería nomear coma [[Federación|federalismo]], tal como se demostrou coa estabelecemento da Cancellaria de Barcelona, e unhas cortes propias para cada reino, cousa que permitiu a creación dunha consciencia diferenciadora de cada territorio durante o seu reinado. Así, converteu Valencia nun reino propio ([[1239]]), formando unha entidade política, xurídica e económica propia expresada nos [[Furs de Valencia]], as [[Cortes Valencianas]], moeda propia, e unida dinasticamente á [[Coroa de Aragón]], feito que vai provocar a irada reacción da nobreza aragonesa. Para contrarrestar a nobreza insubordinada, o Rei vai favorecer decididamente aos municipios e a burguesía, e posteriormente outorgou á Cidade de Valencia unha ordenación política e administrativa: o ''costum'', de carácter municipal, que vai ser revisada no ano [[1251]]. Os [[Furs de Valencia|''Foris et consuetudines Valentiae'']] foron confirmados polo rei no ano [[1271]] e vanse estender por todo o reino a pesares da oposición da nobreza aragonesa, desexosa de manter a súa lexislación, cousa que vai xerar unha pugna foral non resolta até o [[1329]] co trunfo dos foros valencianos.
 
=== A repoboación ===
O reino foi repoboado por cataláns e aragoneses, aínda que a poboación musulmá continuou sendo maioritaria até o [[século XVI]], cando aínda era un terzo da poboación. Se antes a lei islámica discriminara cristiáns e xudeus antes da reconquista, a falta de respecto por parte dos cristiáns cara aos pactos e as capitulacións asinadas cos [[mudéxar]]es na presa de Valencia, en que había o compromiso de protexer as riquezas dos musulmáns, as súas crenzas, a súa lingua, a súa lexislación, entre outros, levaron a constantes tensións sociais. No ano [[1251]], para aplacar as tensións Jaume I ocupou a cidade de [[Xátiva]] promulgando un edito o [[22 de setembro]] con condicións de rendicións suaves para os musulmáns, equivalentes ás asinadas en Valencia. De xeito contraproducente, o papa [[Clemente IV, papa|Clemente IV]] facía presión infrutuosamente a Jaume I para que borrase toda presenza islámica no seu reino, coñecedor das súas profundas conviccións relixiosas, por restaurar o carácter cristián das terras. Non van volver saír dado que os musulmáns eran unha importante capa social traballadora difícil de substituír.
 
=== Revoltas mudéxares ===
Os mudéxares, habitantes [[musulmán]]s do reino de Valencia, protagonizaron tres revoltas que puxeron en grave perigo o novo reino, todas elas lideradas polo cabdil [[Al-Azraq]]. Na primeira delas ([[1244]]), e coa axuda de Castela, chegaronse a independizar do reino os territorios ao sur do Xúcar. Na segunda ([[1248]]-[[1258]]), Al-Azraq estivo a piques de matar a Jaume I nunha emboscada, pero finalmente as tropas da confederación aragonesa recuperaron, sen demasiada resistencia, tódalas prazas perdidas. Al-Azraq foi capturado e desterrado do reino. Finalmente, a terceira revolta ([[1276]]), estendeuse por tódalas comarcas do sur do antigo reino de Valencia. Al-Azraq foi asasinado nesta revolta, pero o seu fillo continuou liderándoa.
 
== Política contemporánea ==
A pesares dos [[Decretos de Nova Planta]] ([[1707]]), o nome "''Reino de València''" continuouse utilizando para referirse ao territorio valenciano, por exemplo nas [[Cortes de Cádiz]]. Coa [[Provincias de España|división provincial española]], no [[1833]], a palabra acabou desaparecendo, substituído polo de "''Rexión Valenciana''" para o conxunto das tres provincias. Coa [[Transición Española|transición española]] o movemento [[Blaverismo|blaveiro]] quixo recuperar o termo "''Reino de València''", para denominar así a actual [[Comunidade Valenciana - Comunitat Valenciana|Comunidade Valenciana]]. É isto, fundamentalmente, o que xerou unha forte critica sobre este termo. Na actualidade, en terminoloxía académica utilízase o termo "''Reino de Valencia''" para referirse unicamente ao período [[1238]]-[[1707]].
 
== Referencias ==
* [[Vicente Coscollá Sanz|Coscollá Sanz, V.]]: [http://books.google.es/books?id=2AeswSPq_JEC&pg=PA50&lpg=PA50&dq=batalla+almohade+1210+ademuz&source=web&ots=VQ4KcAkauQ&sig=AtcwfIoHOYSUMeeC5lysVUJM1P0&hl=ca&sa=X&oi=book_result&resnum=1&ct=result#PPP16,M1 ''La Valencia musulmana''] {{es}}.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.tvcatalunya.com/historiesdecatalunya/cronologia/cron103452413.htm Historias de Cataluña: A conquista de Valencia] {{ca}}.
 
Liña 79:
[[pt:Reino de Valência]]
[[sr:Краљевина Валенсија]]
[[zh-min-nan:Valencia Ông-kok]]