Diferenzas entre revisións de «Henrique I de Castela»

sen resumo de edición
A tutela do conde de Lara produciu desavinzas entre a nobreza castelá, que temía o enorme poder que con ela obtiñan os Lara, que desde un primeiro momento manobraron para consolidar a súa posición concertando en 1215 o matrimonio de Henrique coa infanta [[Mafalda de Portugal]], filla do rei [[Sancho I de Portugal|Sancho I]]. O matrimonio nunca foi consumado e acabou sendo anulado ó ano seguinte por Inocencio III, debido ó grao de parentesco entre eles.
 
Isto motivou ó conde Álvaro Núñez de Lara a concertar un novo matrimonio de Henrique con [[Sancha II de León|Sancha]], filla de [[Afonso IX de León]], co que se pretendía unir os reinos de Castela-Toledo e Galiza-León e apartar da liña sucesoria dos dous reinos a [[Fernando III o Santo|Fernando]], fillo de Berenguela e do propio rei galego-leonés.
 
Porén, antes de celebrar os esponsais, Henrique I faleceu en Palencia de forma accidental, ó caer sobre el unha tella desprendida dunha das torres do pazo episcopal de Palencia, onde xogaba con outros nenos.
 
Á súa morte apareceu un problema sucesorio. Elixida Berenguela, irmá de Henrique e esposa de Afonso IX, como reina en 1217, renunciou en favor do seu fillo, o herdeiro dodos reinos de [[reino de Galiza|Galiza]] e [[reino de León|León]] [[Fernando III o Santo]].
 
== Notas ==
3.364

edicións