Fidias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
Woden (conversa | contribucións)
Liña 16:
É preciso ter en conta que non hai suficientes evidencias de que Fidias esculpise as estatuas do [[Partenón]]. Ningún escritor antigo llas atribúe, e raramente, ou nunca, realizou obras en [[mármore]]. Durante a [[antigüidade]] foi recoñecido polas súas estatuas de bronce ou ouro e marfil. Por outra parte, diferentes inscricións demostran que os bloques de mármore utilizados para os seus relevos do Partenón non serían levados na cidade ata o [[-434]], que probabelmente fose unha data posterior á morte de Fidias. Tamén hai unha notábel diferenza de estilo entre estes e as súas obras certificadas. Polo tanto, é probábel que a maior parte ou toda a decoración do Partenón fose obra dos seus discípulos, como [[Alcamenes]] e [[Agoracrito]].
 
As primeiras das súas grandes obras serían dedicacións en memoria de [[Batalla de Maratón|Maratón]]. En [[Delfos (cidade)|Delfos]] erixiu un gran grupo en bronce, abarcando as figuras de [[Apolo]] e [[Atenea]], numerosos heroes [[Ática|áticos]] e o xeneral [[Milcíades]]. Na [[Acrópole de Atenas]] dispuxo unha colosal estatua de [[Estatua de Atenea Prómakhos|Atenea]], visíbel desde ben lonxe mar adentro. En [[Pellene]] (na [[Acaia - Ἀχαία|Acaia]]), e en [[Platea]], creou dúas estatuas máis de Atenea, e tamén unha de [[Afrodita]] en marfil e ouro para o pobo de Elis.
 
Pero entre os propios gregos, as dúas obras de Fidias que máis eclipsaron todas as outras, e se converteron na base da súa fama, serían as colosais figuras en ouro e marfil de Zeus e [[Atenea Parthenos]], as dúas de mediados do [[século -V]]. Da primeira só quedan pequenas copias en moedas de Elis, onde se aprecia a súa postura e detalles do corpo. O deus estaba sentado nun trono. O seu corpo, de marfil, e a súa roupa, de ouro. A súa cabeza era dun estilo máis ou menos arcaico: a máscara de Otricoli que se consideraba unha copia do seu corpo é certamente propia dun estilo cen anos posterior. Da Atenea Parthenos atopáronse dúas copias pequenas en mármore.