Diferenzas entre revisións de «Jorge Garbajosa»

m
bot Engadido: lv:Horhe Garvahosa; cambios estética
m (bot Engadido: lv:Horhe Garvahosa; cambios estética)
'''Jorge Garbajosa Chaparro''', nado o [[19 de decembro]] de [[1977]], é un xogador de [[baloncesto]] [[España|español]] nacido en [[Torrejón de Ardoz]], [[Madrid]], pertencente ós [[Toronto Raptors]] e internacional por [[España]] coa [[selección de baloncesto de España|selección española de baloncesto]]. O seu posto na cancha, coas súas 206 cm e 111 [[kg]], é ala-pivote.
 
== Traxectoria ==
=== Baskonia ===
Con apenas 16 anos ([[1993]]) trasladouse a [[Vitoria]] desde [[Madrid]] deixando o seu clube, o Mocidade Alcalá, para xogar co [[Saski-Baskonia SAD|Taugrés Vitoria]] (despois Tau Cerámica) onde creceu como xogador. Tras unha primeira tempada de axuste (a campaña 93/94) pasou ó novo equipo e á nova cidade, Garbajosa logrou co [[Saski-Baskonia SAD|Taugrés Vitoria]] o Campionato de España Junior a tempada seguinte (a campaña 94/95), sendo un dos artífices principais deste éxito. Isto valeulle para que ó ano seguinte, se lle tivese en conta no primeiro equipo, co que debutou en Liga ACB con 18 anos.
 
Na súa primeira tempada no primeiro equipo vitoriano (a campaña 95/96) logrou a Copa de Europa e ano tras ano, foi collendo confianza, progresando no seu xogo e sendo un dos habituais nos quintetos iniciais do cadro vitoriano. Na tempada 97/98 logrou o subcampionato de Liga e un ano despois a consecución da Copa do Rei.
 
=== Benneton Treviso ===
Trala campaña 99/00, quizais a mellor de Garbajosa coa elástica branca do TAU, foi representante vitoriano no All-Star da ACB-, tomou a difícil decisión de abandonar a entidade baskonista logo de sete tempadas e facer as maletas rumbo a [[Italia]], onde xogaría no Benetton de Treviso as seguintes catro campañas.
 
En [[2000]] tras recibir ofertas [[Real Madrid]], [[Pau Orthez]] e [[Benetton Treviso]], Jorge decantouse polo conxunto transalpino porque quería xogar no estranxeiro e a liga italiana parecíalle o suficientemente dura e competitiva como para reivindicarse como xogador. Alí está ás ordes de [[Mike D'Antoni]] e explota como xogador conseguindo varios títulos de liga e copa da liga italiana.
 
=== Unicaja Málaga ===
Tras casar, trasladouse a [[Málaga]] ó fichar polo [[Club Baloncesto Málaga|Unicaja Málaga]] que forma un equipo arredor del nun ambicioso proxecto dirixido por [[Sergio Scariolo]]. En [[Málaga]] demostra Jorge o progreso que tivo desde que catro anos atrás abandonase a nosa liga e chega cargado de humildade e traballo pero cunhas calidades dignas dos mellores xogadores europeos no seu posto. Pronto se converte en ídolo da afección de Málaga e vestido de verde conquista a Copa do Rei a súa primeira campaña (04/05) e un ano despois (05/06) chega a eclosión coa consecución do campionato ligueiro, conseguindo como mérito persoal ser elixido o MVP da final e entrar dentro do Quinteto ideal da ACB.
 
=== NBA ===
[[Ficheiro:Jorge garbajosa2.jpg|right|150px|thumb|Jorge Garbajosa nun partido de [[Toronto Raptors]].]]
Actualmente é xogador de [[Toronto Raptors]], equipo [[Canadá|canadense]] da [[NBA]] onde tamén xoga o español [[José Manuel Calderón]]. A súa actuación no ano da súa estrea na NBA foi moi destacada como o demostra o feito de que foi proclamado como sétimo mellor [[rookie do ano]] [http://www.elmundo.es/elmundodeporte/2007/05/02/baloncesto/1178133742.html Garbajosa, sétimo mellor 'rookie' da NBA] e o que fose elixido no quinteto ideal da competición para xogadores de primeiro ano <ref>[http://www.elmundo.es/elmundodeporte/2007/05/09/baloncesto/1178662411.html?a=f7c64685b28d00b315dfd4704dfaa361&t=1178669821 Garbajosa, no quinteto ideal de 'rookies' da NBA]</ref>. Garbajosa mesmo logrou facerse coa distinción de mellor novato do mes de decembro da Conferencia Leste <ref>[http://www.elmundo.es/elmundodeporte/2007/01/02/baloncesto/1167774206.html Garbajosa, mellor novato do mes na NBA]</ref>, chegando a xogar o All Star co conxunto dos rookies en [[Las Vegas]] [[2007]].
O [[26 de marzo]] de [[2007]] sufriu unha espectacular luxación de nocello a poucos minutos de terminar o partido que enfrontaba ós [[Toronto Raptors]] cos [[Boston Celtics]]. Operóuselle cirurxicamente e o seu tempo de recuperación (seis meses) facía perigar a súa participación no [[Eurobasket|europeo de baloncesto]] que se celebra en [[España]]. Finalmente, a pesar de que o [[24 de agosto]] de [[2007]] os [[Toronto Raptors]] fixesen oficial a súa negativa a permitir que o xogador madrileño disputase o Campionato de Europa de Baloncesto coa selección española, este finalmente farao grazas a un seguro médico que cobre os posibles riscos derivados da lesión en favor do seu actual equipo, os [[Toronto Raptors]].
 
=== Khimki BC (Rusia) ===
O [[24 de xullo]] de [[2008]], firmou un contrato por dúas tempadas co [[Khimbi BC]] ruso, converténdose nun dos xogadores mellor pagados de Europa, con 3 millóns de euros netos por tempada.
 
== Curiosidades ==
* Jorge é fiel seguidor do [[Atlético de Madrid]] e realizou o saque de honra no [[Vicente Calderón]] tras proclamarse campión do mundo coa selección Española no Mundial de [[2006]].
* Cando Jorge ten que efectuar tiros libres, pouco antes de tirar surrurra unhas palabras. Non transcendeu o contido dos famosos susurros, pero el dixo que tiñan que ver cun ser querido.
== Clubes ==
 
* Parque Cataluña
* [[Khimki BC]] ([[2008]]/presente)
 
== Palmarés ==
=== Con clubs ===
* Campión de España Junior co [[Saski Baskonia|Taugrés Vitoria]]. Tempada 1994-95.
* Campión da [[Copa de Europa de Baloncesto|Copa de Europa]] co Taugrés Vitoria. Tempada 1995-96.
* Campión do Mundo coa Selección española de baloncesto absoluta no [[Campionato mundial de baloncesto de 2006|Campionato do Mundo de 2006]] de [[Xapón]].
 
== Nominacións ==
* Integrante do quinteto ideal da Euroleague na tempada 2002-2003.
* Nominado MVP da Copa de Italia da tempada 2003-2004.
* Nominado Mellor Novato do mes de decembro na conferencia leste da NBA 2006-2007
* Integrante do mellor ''quinteto ideal de rookies'' da NBA 2006-2007
== Notas ==
{{Referencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://acb.com/stsacumjug.php?cod_jugador=AKT Estatísticas de Garbajosa na ACB]
* [http://www.nba.com/playerfile/jorge_garbajosa/index.html?nav=playerwidget Estatísticas de Garbajosa na NBA]
[[ja:ホルヘ・ガルバホサ]]
[[lt:Jorge Garbajosa]]
[[lv:Horhe Garvahosa]]
[[mk:Хорхе Гарбахоса]]
[[pl:Jorge Garbajosa]]
76.251

edicións