Ciclope: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: sq:Kiklopët |
m bot Modificado: id:Kiklops; cambios estética |
||
Liña 4:
Había dúas xeracións de ciclopes:
== Primeira xeración ==
Os ciclopes da primeira xeración eran fillos de [[Urano (mitoloxía)|Urano]] e [[Gaia]], e coñecidos artesáns e construtores. Eran [[xigante]]s cun só ollo no medio da fronte e un temperamento horríbel. Segundo [[Hesíodo]] eran fortes, turróns, e de «bruscas emocións». Eventualmente os seus nomes chegaron a ser sinónimo de forza e poder, e usábanse para se referir a armas especialmente ben manufacturadas.
Liña 12:
Urano temía a súa forza e pechounos no [[Tártaro (mitoloxía)|Tártaro]]. Máis tarde [[Crono]], outro fillo de Urano e Gaia, liberou os ciclopes, xunto cos [[Hecatónquiros]] e os [[Xigante]]s. Axudáronlle a derrocar e castrar a Urano, mais Crono volveunos a encarcerar en Tártaro, onde permaneceron, gardados por [[Campe]], até que [[Zeus]] os liberou. Forxaron raios para que Zeus os usase como arma e axudáronlle na guerra para derrocar a Crono e os outros [[Titán]]s ([[Titanomaquia]]). Os [[Raio (descarga eléctrica)|raios]], que se converteron na arma predilecta de Zeus, foron forxados polos tres ciclopes: Arxes puña o raio, Brontes o trono, e Estéropes o lóstrego.
Esta primeira xeración de ciclopes tamén creou un [[tridente]] que producía terremotos para [[Poseidón]], o arco e as frechas de [[Artemisa]], e o casco de invisibilidade que [[Hades]] lle deu a [[Perseo]] na súa procura para matar a [[Medusa (mitoloxía)|Medusa]]. Axudaron a [[Hefestos]] e dise que construíron o primeiro altar, así como as murallas e fortificacións de [[Tirinto]] e [[Micenas]] no [[Peloponeso]], entre outras. Os ruídos que xurdían do corazón dos [[volcán
Cóntase posteriormente que foi [[Apolo]] quen matou os ciclopes, despois de que Zeus matase o seu fillo, [[Asclepio]], cun raio forxado por eles. Aínda que pode supoñerse que estes ciclopes eran inmortais, polo que quizais os ciclopes que Apolo matou fosen os seus fillos.
== Segunda xeración ==
A segunda xeración de ciclopes foi unha primitiva tribo de enormes monstros dun só ollo descuberta por [[Odiseo]] nunha remota illa (en ocasións identificada con [[Hesperia]]). Dicíase que estaban estreitamente relacionados cos [[Xigante]]s e cunha tribo [[fenicia]] (os ''Phaiakai'') xurdidos das gotas de sangue que caeron sobre Gaia (a terra) cando Urano foi castrado.
Liña 22:
Porén, o ciclope máis coñecido desta xeración era un fillo de [[Poseidón]] e a [[ninfa]] [[Toosa]] chamado [[Polifemo]]. Outro dos ciclopes da segunda xeración foi [[Telemo]], un vidente.
== Orixes ==
Dada a súa inclinación pola ferraría, moitos estudosos cren que a lenda dos ciclopes xurdiu da práctica habitual dos ferreiros de levar un parche sobre un ollo para non quedaren cegos de ambos polas chispas. Os ferreiros tamén tatuaban neles mesmos círculos concéntricos en honra ao sol, o que pode ser outra posíbel fonte da lenda. A segunda xeración de ciclopes son definitivamente dun tipo diferente dos da primeira: probablemente sexan adicións moi posteriores á mitoloxía sen conexión ningunha coa ferraría. Moitos cren que as lendas asociadas a Polifemo non contaban que fora un ciclope até que [[Homero]] as incluíu n´''[[A Odisea]]'', podendo ser orixinalmente Polifemo algún tipo de monstro ou demo local. Suxeriuse que talvez fora un dos [[Triamantes]] da lenda [[Creta|cretense]], raza rural de ogros devoradores de homes que tiña un terceiro ollo detrás da cabeza. Á parte do detalle dos ollos, son moi parecidos aos ciclopes de Homero.
Liña 60:
[[hr:Kiklop]]
[[hu:Küklopszok]]
[[id:
[[io:Ciklopo]]
[[it:Ciclope (mitologia)]]
|