Crioulo antillano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Woden (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
==Historia e características==
O idioma foi nun principio moito máis falado nas Antillas Menores, pero case que desapareceu de [[Trinidade e Tobago]] e o número de falantes está declinando en [[Granada]]. Nas illas de [[Dominica]] e Santa Lucía, aínda que son oficialmente [[ingléslingua inglesa|angloparlantes]], existen iniciativas para preservar o seu uso e, nas últimas décadas, pasou de ser un signo de nivel socio-económico baixo e de prohibirlle aos rapaces falalo nas escolas <ref>Jocelyne Guilbault, [http://books.google.co.uk/books?id=d0lrjteCl2IC&pg=PA33&dq=%22Henri+Guedon%22&lr=&hl=ko&cd=12#v=onepage&q=%22Henri%20Guedon%22&f=false ''Zouk: world music in the West Indies''] University of Chicago Press, 1993</ref> a ser un signo de orgullo nacional. Nos últimos dez anos impartíronse algúns talleres de [[ortografía]] e na actualidade un grupo multidisciplinario composto por expertos da [[Universidade das Indias Occidentais]], a [[Universidade das Antillas]] en [[Güiana]], o [[Grupo de Estudo e Investigación do Espazo CriolloparlanteCrioulofalante]] (en francés, ''Groupe d'étude et de Recherche en Espace Créolophone'', GEREC) e algúns outros movementos locais déronse á tarefa de desenvolver todo un sistema de escritura ad hoc.
 
Dende os '70 tamén existe un rexurdimento literario nas Antillas Francesas, con escritores tales coma [[Edouard Glissant]] e [[Raphaël Confiant]] entre outros.