Crioulo antillano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Woden (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O idioma foi nun principio moito máis falado nas Antillas Menores, pero case que desapareceu de [[Trinidade e Tobago]] e o número de falantes está declinando en [[Granada]]. Nas illas de [[Dominica]] e Santa Lucía, aínda que son oficialmente [[inglés|angloparlantes]], existen iniciativas para preservar o seu uso e, nas últimas décadas, pasou de ser un signo de nivel socio-económico baixo e de prohibirlle aos rapaces falalo nas escolas <ref>Jocelyne Guilbault, [http://books.google.co.uk/books?id=d0lrjteCl2IC&pg=PA33&dq=%22Henri+Guedon%22&lr=&hl=ko&cd=12#v=onepage&q=%22Henri%20Guedon%22&f=false ''Zouk: world music in the West Indies''] University of Chicago Press, 1993</ref> a ser un signo de orgullo nacional. Nos últimos dez anos impartíronse algúns talleres de [[ortografía]] e na actualidade un grupo multidisciplinario composto por expertos da [[Universidade das Indias Occidentais]], a [[Universidade das Antillas]] en [[Güiana]], o [[Grupo de Estudo e Investigación do Espazo Criolloparlante]] (en francés, ''Groupe d'étude et de Recherche en Espace Créolophone'', GEREC) e algúns outros movementos locais déronse á tarefa de desenvolver todo un sistema de escritura ad hoc.
 
Segundo algúns autores (Parkvall, 1997) en 1995 unhas 123.000 persoas falábano na illa de Santa Lucía, e a nivel internacional o número ascendía a uns 985.000. Entre o crioulo falado en Santa Lucía e o falado en Dominica existe dun 97 a 99% de similitude, mentres que só o 10% da poboación de Santa Lucía entende o francés continental. En Santa Lucía os discursos políticos adoitan ser en crioulo, e tamén existen xornais, programas de radio e estacións de televisión que utilizan o idioma. A clasificación do idioma de acordo á SIL é DOM e o código ISO 639-2 para o mesmo é cpf.
 
Dende os 70 tamén existe un rexurdimento literario nas illasAntillas francesasFrancesas, con escritores tales coma [[Edouard Glissant]] e [[Raphaël Confiant]] entre outros.
 
Os crioulo de Dominica e Santa Lucía ([[ISO 639-3]] ''acf'') é chamado ''kwéyòl'' polos seus falantes <ref>[http://www.ethnologue.com/show_country.asp?name=DM ''Languages of Dominica'']. ''Ethnologue: Languages of the World'', SIL International, Sixteenth edition. Dallas, Tex.</ref>, variación da palabra crioulo en [[francés]] (''créole''). O crioulo de [[Guadalupe]] (ISO 639-3 ''gcf''), falado ademais en Martinica e San Bartolomé está suxeito á influencia continua do [[acrolecto]] francés. A pesares de ser codificado coma unha lingua distinta do crioulo de Dominica <ref>[http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=gcf ''Guadeloupean Creole French'']. ''Ethnologue: Languages of the World'', SIL International, Sixteenth edition. Dallas, Tex.</ref><ref>[http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=acf ''Saint Lucian Creole French'']. ''Ethnologue: Languages of the World'', SIL International, Sixteenth edition. Dallas, Tex.</ref>, teñen un índice de comprensión do 90%, polo que se consideran dialectos da mesma lingua.