Crioulo antillano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Woden (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Dende os 70 tamén existe un rexurdimento literario nas illas francesas, con escritores tales coma [[Edouard Glissant]] e [[Raphaël Confiant]] entre outros.
 
Os crioulo de Dominica e Santa Lucía é chamado ''kwéyòl'' polos seus falantes <ref>Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), 2005. [http://www.ethnologue.com/show_country.asp?name=DM Languages of Dominica]. ''Ethnologue: Languages of the World'', SIL International, Fifteenth edition. Dallas, Tex.</ref> ([[ISO 639-3]] ''acf''). O crioulo de [[Guadalupe]] (ISO 639-3 ''gcf''), falado ademais en Martinica e San Bartolomé está suxeito á influencia continua do [[acrolecto]] francés. A pesares de ser codificado coma unha lingua distinta do crioulo de Dominica polos [[etnoloxía|etnólogos]], teñen un índice de comprensión do 90%, polo que se consideran dialectos da mesma lingua.
 
O crioulo antillano ten aproximadamente un millón de falantes e é a lingua de facto entre as poboacións emigrantes das illas veciñas de fala inglesa ou francesa.