Diferenzas entre revisións de «Alfred Charles Kinsey»

m
m (bot Modificado: he:אלפרד קינסי)
Alfred C. Kinsey morreu en [[1956]] ós 62 anos de idade convertido nunha autoridade mundial no inexplorado eido da sexualidade humana.
 
En vida, a partir da publicación en 1948 de ''Sexual Behavior in the MaleHuman Male'', Alfred C. Kinsey, ata daquela un escuro e ignorado profesor da Universidade de Indiana, converteuse nunha figura pública de primeira orde. Na mente de moitos norteamericanos, Kinsey deveu nun sinónimo de sexo. Kinsey non deixou de cultivar esta faceta. De feito, dise que comezaba a maioría das súas conferencias dicindo que un 95% dos oíntes que acudiran a escoitalo se atopaban fóra da lei porque practicaban en actos sexuais ilegais como o adulterio, a felación, a homosexualidade ou a zoofilia.
 
Kinsey foi obxecto tanto de admiración coma de deostación. Aínda hoxe en día, a súa figura é para moitos polémica. En 1981, a doutora Judith Reisman acosouno de pederastia polas súas investigacións no eido da sexualidade infantil, acusación que reiterou en 1990 coa publicación dun libro denunciatorio. Reisman sostiña, sen ningunha evidencia a favor, que Kinsey secuestrara e abusara, así como fomentara o secuestro e abuso de menores, con fins investigadores. Tal acusación, desmontada nos tribunais, probablemente só tiña por obxecto desacreditar ó doutor Kinsey e uníase a unha longa serie de acusacións máis ou menos veladas sobre a vida sexual do propio doutor.
42.198

edicións