Diferenzas entre revisións de «Pato mandarín»

m
bot Engadido: fo:Seglont; cambios estética
m (bot Engadido: hr:Mandarinka)
m (bot Engadido: fo:Seglont; cambios estética)
O '''Pato mandarín''' ''(Aix galericulata)'' é unha [[ave]] da familia das [[Anatidae|anatidas]]. Como relacionado [[pato da Carolina]] pertence ó xénero ''Aux''.
 
== Descrición ==
Son parrulos relativamente pequenos, que miden entre 41 e 49 cm. de lonxitude e teñen unha envergadura alar que vai dos 65 ós 75 cm. Os machos adultos en plumaxe reprodutora son aves de aspecto rechamante e inconfundible. Teñen o bico vermello, a cabeza verde metálica, un debuxo branco en forma de media lúa sobre dos ollos e a cara vermella con "patillas" castañas. O papo é púrpura con dúas liñas verticais brancas e os flancos avermellados, con dúas “velas”” alaranxadas no lombo, formadas polas plumas da alas . A plumaxe ten reflexos metálicos. As femias teñen unha coloración moito máis discreta, castaña agrisada, manchada na parte inferior. Teñen un anel ocular branco e unha liña que parte do ollo, ademais dunha pequena parte branca nos flancos. A punta do seu bico é pálida. En xeral soi moi semellantes ás femias do pato da Carolina.
 
== Distribución ==
A área orixinal de distribución da especie comprendía o nordeste de [[China]] e a rexión rusa do [[Amur]], onde hai aínda unhas 1000 parellas, e o [[Xapón]] onde quedan unas 5000. Actualmente a especie está moi ameazada nestas áreas. Como ave de parques e zoos espallouse case por todo o mundo e os exemplares fuxidos establecéronse con máis ou menos éxito nalgunhas zonas coma [[Alemaña]], [[Austria]], [[Suíza]], os [[Países Baixos]] e o sur de [[Inglaterra]]., onde hoxe se consideran unha especie definitivamente consolidada.
A poboación salvaxe europea, que conta cunhas 7.000 parellas sería hoxe superior á asiática.
En estado salvaxe os patos mandaríns crían en zonas de bosque mesto preto de lagos pouco fondos, pantanos ou estanques.
 
== Conduta ==
Na natureza son aves tímidas que se moven entre a vexetación mesta, voando con habilidade entre as polas e agatuñando polas árbores. Son pouco sensibles ó frío, o que lles permite sobrevivir ós invernos centroeuropeos. Buscan comida principalmente no chan, apañando mesmo sementes grandes coma [[landra]]s. Aliméntanse principalmente ó amencer ou cando empeza a anoitecer, e pasan o día pousados nunha pola ou agachados na vexetación.
Poden formar pequenos bandos no inverno, pero non adoitan mesturarse con outras especies de parrulos.
 
== Reprodución ==
Fan os niños en furados nas árbores, preto da auga. Poñen de 6 a 10 ovos brancos, duns 5 cm. de longo que chocan uns 31 días. Cando os polos saen do ovo, a mai salta no chan e chámaos inmediatamente. Os pitos móvense xa de pequenos con facilidade polas polas, gracias as unllas aguzadas e a cola longa.
 
== Simbolismo ==
Na [[China]] o pato mandarín é un símbolo de fidelidade dentro do matrimonio, malia que as parellas de mandaríns non duran máis ca unha estación.
 
== Ligazóns externas ==
{{Commons|Aix galericulata|Pato mandarín}}
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Mandarin duck.jpg|Macho novo.
[[es:Aix galericulata]]
[[fi:Mandariinisorsa]]
[[fo:Seglont]]
[[fr:Canard mandarin]]
[[he:מנדרין סיני (עוף)]]
76.268

edicións