Hepatotoxicidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 22:
==Prevención==
A miúdo, a toxicidade descúbrese nos primeiros estudos con seres humanos, e entón retíranse os fármacos experimentais. Cando sexa posible, as persoas con [[hepatite]] B ou C crónica deben evitar os fármacos que causan toxicidade no fígado. Nalgúns casos, é posible reducir o risco de trastornos do fígado utilizando doses máis baixas. Pero noutros casos necesítase un medicamento aínda que se saiba que ocasiona toxicidade no fígado, nestes casos é necesario levar un control regular das probas da función hepática (PFH). Dado que o [[alcohol]] aumenta o risco de sufrir danos no fígado a causa dos medicamentos, debe evitarse ou reducirse o consumo de bebidas alcohólicas. Se a toxicidade no fígado descóbrese a tempo, normalmente pode deterse o dano e o fígado pode recuperarse.<ref>Los medicamentos y el hígado. www.hcvadvocate.org-</ref>
Algúns dos fármacos para os que se recomenda practicar regularmente PFH son<ref>referencia,Farmacologia citaciónHumana . J.Florez pag 149-156 ou ligazón</ref>:
*AINES
*Aminoglucosidos
Liña 33:
*fenitoina
*ergotamina.<ref>Farmacologia Humana . J.Florez pag 149-156</ref>
 
==Criterios de utilización de fármacos no enfermo hepático==
Os pacientes con enfermidade hepática teñen unha frecuencia 2-3 veces maior de reaccións adversas que a poboación xeral. Debe terse en conta o tipo de enfermidade hepática que padece antes de pautar un tratamento e axustar a dose para minimizar os riscos de producir maior dano no fígado. Algúns dos fármacos que deben evitarse ou utilizarse con precaución son AINES, aminoglucosidos, anticoagulantes orais, cimetidina, cloranfenicol, lidocaína, paracetamol, hipoglucemiantes orais, fenitoina, ergotamina.<ref>Farmacologia Humana . J.Florez pag 149-156</ref>