Miguel Pselo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 70:
Non existe ningunha lista fidedigna da obras de Pselo. Moitas permanecen aínda inéditas e outras fóronlle falsamente atribuídas.
 
Escribiu unha ''Cronografía'' chea de fortes críticas e que por iso foi censurada coidadosamente polo poder, malia o cal non foron cortadas as súas digresións contra monxes "folgazáns e inimigos da humanidade" ou onde lembraba que o diñeiro dos impostos non estaba destinado a manter conventos nin concubinasconcubinarias do soberano, ou onde afirmaba a superioridade da república ateniense sobre o estado romano "institución de escravos e non de homes libres" e no que, por último, dicía textualmente "non estamos gobernados por [[Pericles]] nin por [[Temístocles]], senón polos máis viles adeptos de [[Espartaco]] que compramos a prezo de ouro aos bárbaros <ref>"''Cronografía'', VI, 134</ref>.
 
Pselo, na súa condición de home de Estado apoleirado aos máis altos cargos, ao mesmo tempo que observou da historia da súa época, participou moi sobranceiramente nela. Iso explica, por outra banda, a parcialidade das súas opinións nesta obra, que unhas veces disimulan a verdade e outras defórmanaa deforman. A obra divídese en dúas partes. A primeira foi escrita a peticiónpedimento dun amigo, probablementeprobabelmente Constantino Licudes, entre 1059 e 1063, e ocúpase do período comprendido entre Basilio II e a abdicación de Isaac Comneno. A narración enriquécese a medida que van transcorrendo os reinados, en especial a partir do de Miguel V (1041-1042), no que Pselo se incorporou á corte en calidade de secretario do Emperador. A segunda parte abarca o período do goberno dos Ducas (1059-1078) e foi escrita por peticiónpedimento expresaexpreso e en vida de Miguel VII, o cal se manifesta no carácter claramente tendencioso da narración.
 
Interesouse ademais polo [[ocultismo]] e a [[maxia]], a [[astroloxía]] e a [[adiviñación]], reunindo todas estas supersticións, que seguían vivas ao empezar o segundo milenio, baixoso o termo de [[caldeísmo]] e refutándoas en numerosas obras como contrarias á razón e ao cristianismo. Así, esforzouse en atopar explicacións racionais e científicas a fenómenos pretendidamente máxicos ou misteriosos, e aínda que non negou a existencia dos demos nin a súa capacidade para xerarxeraren males, sostivo que o cristián debe empregar só a fe en Deus para defendersese defender deles. E seguindo a [[Oríxenes]], a [[Basilio]], e a San [[Xoán Damasceno]], afirmou que os demos teñen un corpo que utilizan unicamente para actuaractuaren neste mundo. Tampouco rexeitou, malia o seu racionalismo filohelénico, a teoloxía mística, aínda que si a rexeitou tal e como se practicaba, entre outros lugares, no convento do monte Olimpo (Betinia), onde os monxes se persignaban con só escoitarescoitaren o nome de Platón, e tivo que defenderse da acusación de helenismo polo seu continuo uso, lectura e defensa das ideas gregas. [[Xifilino]], reitor da Escola de Dereito de Constantinopla e amigo persoal de Pselo, acusouno mediante un escrito de querer perturbar á Igrexa mediante o seu platonismo e contaxiala coas aberracións pagás. Pselo repuxo algo hipocritamente que estudou os sistemas filosóficos pero sempre referíndoos ás Escrituras.
 
A filosofía de [[Platón]] era para el a máxima realización do espírito humano e o filósofo grego constitúese nun verdadeiro precursor do cristianismo, pola súa defensa da inmortalidade da alma, a súa idea da xustiza e a súa afirmación de que é posíbel elevarse máis alá dos límites da razón ata a contemplación do Un. [[Aristóteles]], se ben merece tamén o recoñecemento de Pselo, é criticado por el por abordar os temas teolóxicos coa soa razón, sen recoñecer que ás cousas divinas se chega coa intelixencia, que está máis aláalén da razón e dos seus [[siloxismo]]s. De [[Aristóteles]] rescata especialmente a súa ciencia, e sobre todo a súa lóxica, á que considera como unha preparación para asimilar a metafísica de Platón.
 
Como teólogo sostivo que os [[anxo]]s posuían unha certa substancia material e a santidade de [[María]] no momento da súa concepción e a súa función mediadora.
 
Entre a obras máis suxestivas de Pselo encóntraseatópase a súa colección de máis de cincocentas cartas, na súa maioría persoais e motivadas por circunstancias concretas, aínda que todas escritas con gran coidado e elegancia.
 
=== Listado parcial de obras ===