Miguel Pselo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 42:
A hostilidade da vila cara a el como responsábel da condena ao patriarca Cerulario, a dos abundantes exiliados de Isaac Comneno que regresaron co novo monarca e as presións dos relixiosos, para quen Pselo era un «apóstata», fixeron que o patriarca Constantino Licudes lle aplicase os canons dos monxes [[xiróvago]]s e Pselo viuse forzado a ingresar no mosteiro de Ta Narsu, en Constantinopla, do que non sairía ata que en setembro de [[1063]] un terremoto destruíu os seus muros.
 
As intrigas contra Pselo desatáronse abertamente cando, á morte de Constantino, a súa viúva Eudoxia (rexente do seu fillo menor de idade) seguiu confiando en Pselo para o goberno. Entón o eunuco Nicéforo acusouno de manter relacións adúlteras coa emperatriz. Non sabemos en que desembocaron estas acusacións, pero é evidente que o matrimonio de Eudoxia co xeneral [[Romano IV Dióxenes|Romano]] en [[1068]] non favoreceu os intereses de Miguel. Dióxenes, convertido en coemperador, desconfiaba do intrigante Pselo e temía deixalo na capital mentres el partía en campaña. O distanciamento entre ambos os dous fixosese fixo patente cando ordenou que o acompañase na súa campaña militar contra os turcos selxúcidas do [[1069]], unha campaña que Pselo lle desaconsellara por precipitada. Porén, o erudito conseguiu escabulirseescapulirse da expedición ao chegar a [[Cesarea Mazaca]] e regresar a Constantinopla.
 
Cando en [[1071]] Romano Dióxenes foi capturado polos turcos na catastrófica [[batalla de Manzikert]], a súa muller Eudocia asumiu o poder no seu nome e no do seu fillo Miguel. Pselo estivo detrás desta decisión, pois foi o que instou ao César [[Xoán Ducas]], irmán do falecido Constantino X e cabeza visíbel dos Ducas, a dar este paso, tal como sinala na súa historia. A recuperación do poder efectivo por parte da familia Ducas beneficiaba a Pselo, que era íntima amigoamiga do César <ref>Son moitas as cartas dirixidas a el que se conservan</ref> e tiña unha grangrande influencia sobre [[Miguel VII Ducas|Miguel Ducas]], o seu pupilo imperial. O César foi senno embargoentanto máis alá, e ordenou encerrar a Eudoxia, a fin de contas muller de Romano, nun mosteiro, de xeito que o poder quedou exclusivamente en mans do seu sobriño Miguel.
 
Mentres tanto o sultán turco [[Alp Arslán]] liberara a Dióxenes, que non estaba disposto a ceder o seu poder ao seu fillastro. O conflito estaba servido. Pselo describe na súa ''Cronografía'' cal foi a súa reacción no medio desta confusión:
Liña 50:
{{cita|''Eu encontreime tamén no medio daquel desconcerto xeral, cando todos me instaban a que dixese o que conviña facer. Tendo en conta que sobre todo o meu nobre e querido emperador me apremaba e presionaba, eu declarei que non debía acoller xa máis a Romano no imperio, senón que había que desfacerse del e enviar a todas partes ordes excluíndoo do goberno.''}}
 
Efectivamente, tropas enviadas desde Constantinopla derrotaron a Romano Dióxenes e, a pesar das garantías de seguridade que lle deron cando acabou rendéndose, sacáronlle os ollos. Romano morreu pouco despois a resultas das feridas: un final tráxico para un nobre xeralxeneral e un dos capítulos máis infames da historia bizantina. Pselo foi aínda quen de lle dedicar un panexírico no que declara non saber se lamentar ou envexar o destino de Romano. Aínda que resulta difícil crer que a compaixón de Pselo cara a Romano Dióxenes fórafose sincera, sendo el mesmo responsábel do seu final, é posíbel que tivese remordementosremorsos e non pensase que o enfrontamento entre Dióxenes e Miguel Ducas desembocase nunha pequena guerra civil e moito menos que acabase con Romano cegado polos sicarios imperiais.
 
=== Morte ===