Miguel Pselo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 33:
Pselo, afirmou que superou o ambiente hostil dunha tenda chea de soldados inimigos, foi capaz de superar o ambiente hostil e convenceu coa súa oratoria superior aos presentes da bondade da súa proposta. Pero o feito de que a continuación Isaac o considerase o seu home de confianza ergue sospeitas sobre a xestión da súa embaixada e dúbidas acerca da súa fidelidade a Miguel, que foi derrocado en Constantinopla por sectores próximos ao patriarca [[Miguel Cerulario]], cando o usurpador acampaba aínda á outra beira do estreito do [[Bósforo]] en compañía de Pselo.
 
Isaac entrou pouco despois na capital e nomeou a Pselo presidente do [[Senado]], o que fixo evidente a todos o seu cambio de bando. As peores calidades de político sen escrúpulos de Pselo quedaron novamente patentes cando, pouco despois, aceptou o encargo do Emperador de redactar unha acusación contra o patriarca Miguel Cerulario por traizón. O patriarca, responsábel do [[Gran Cisma de Oriente e Occidente|cisma con Roma en 1054]], era un home con ambicións políticas e perigosas para o poder imperial, polo que a súa deposición estaba xustificada. Sen embargoPorén, o singular do feito é que Pselo fose o encargado de formular os cargos a pesar da amizade que os unía e ao feito de que sobriños de Cerulario eran destacados discípulos seus. O patriarca, deposto e desterrado, morreu antes de que as acusacións de Pselo se fixesen públicas ante o sínodo convocado na capital, pero a súa deposición fixo gañar a Pselo a animadversión do pobo e prestixio ante o Emperador, que nomeou ademais patriarca a [[Constantino III, patriarca de Constantinopla|Constantino Licudes]] (1059-1063), vello amigo seu.
 
As férreas restricións de gastos decretados polo Emperador privárono do apoio dos altos cargos políticos do Corte, Pselo incluído. É posíbel por iso que, como suxire [[Robert Volk]], a abdicación de Isaac en [[1059]] por mor dunha enfermidade fose estimulada por Pselo, que, como médico persoal do Emperador, esaxerou os síntomas dedo seu mal para facerlle renunciar ao trono. É curioso que Pselo non sinale na súa obra que Isaac morrería meses despois de abdicar.
 
=== O ascenso dos Ducas ===