Miguel Pselo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 21:
 
=== Vida monástica ===
A experiencia do retiro monástico resultou moi decepcionante para Pselo, sobre todo pola ignorancia e inactividade dos seus compañeiros de hábito, aos que chamou despois ''xentes groseiras e incultas, verdadeiros escitas''. GranGrande admirador de [[Platón]] e, en especial, do [[neoplatonismo]], esforzouse por presentar esta corrente filosófica do [[paganismo]] como un esforzo imperfecto que acadou co [[cristianismo]] a súa perfecta coroación. Por iso adoptou o [[Alegoría|alegorismo]] como o mellor método de [[esexese]] para estudar, analizar e comentar os clásicos gregos como antes se analizaran as [[Sagradas Escrituras]]. Desa forma chegou a ver nos autores gregos unha especie de profetas do cristianismo e mesmo atopou en [[Homero]] nada menos que o misterio da [[Santísima Trindade]]. Acusado por iso de herexía, Pselo viuse de feito obrigado a acreditar a súa ortodoxia nun escrito.
 
Incapaz de se adaptar ao retiro monástico, e máis que probabelmente incomodado cos demais monxes, Pselo regresou á capital ese mesmo ano de 1055, cando a emperatriz [[Teodora Porfiroxénita|Teodora]], última da [[dinastía macedonia]], o chamou ao seu lado como conselleiro. A pesar de que recuperou e mesmo incrementou a influencia perdida, fíxoo xa desde a súa condición de monxe, e a súa autoridade xa non se baseou máis en títulos ou dignidades concretas.
 
=== Intrigas cortesás ===