Nefrotoxicidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo na definición
arranxos da lingua
Liña 1:
A '''nefrotoxicidade''' é a [[toxicidade]] que algunhas substancias lle ocasionan aos [[ril]]es, órganos cuxa integridade funcional é esencial para o mantemento da [[homeostase]] corporal dos seres humanos. Isto é debido ao seu papel primordial en funcións tan esenciais coma a excreción dos desfeitos metabólicos, a regulación do volume de líquido extracelular, a composición de electrólitos e o equilibrio ácido-base. Ademais, os riles sintetizan hormonas, tales como renina e eritropoietina, e metabolizan a [[vitamina D3]].
 
Os riles son, con frecuencia, órganos diana de moitos axentes tóxicos que provocan perturbacións no seu comportamento fisiolóxico, que nalgunhas ocasións tradúcense en lesións graves... Porén, estes órganos dispóndispoñen de diversos mecanismos de desintoxicación e teñen reserva funcional e capacidade de rexeneración considerables.<ref>Jose Bello Gutierrez, Adela Lopez de Cerain Salsamendi. Fundamentos de ciencia toxicológica. Madrid : Díaz de Santos, D.L.2001</ref> <ref>Curtis D. Klaassen y John B, Watkins III. MANUAL DE TOXICOLOGIA: La ciencia básica de los tóxicos. Mexico : McGraw-Hill Interamericana, cop. 2001</ref>
 
==Causas da sensibilidade do ril aos axentes tóxicos==
Polas súas caracteristicascaracterísticas, os riles entran en contacto cunha grandegran cantidade de fármacos e sustanciassubstancias químicas que circulan polo [[sangue]]. Os procesos que interveñen na concentración dos ouriños serven tamén para concentrar os tóxicos, que chegan finalmente ó líquido tubular, pois favorecen a súa penetración por difusión pasiva nas células tubulares. Polo tanto, pode ocorrer que un axente químico cuxa concentración non chega a ser tóxica no plasma alcance concentracións tóxicas nos riles. Finalmente o transporte, o depósito e o metabolismo dos xenobióticos contribúen notablemente á predisposición do ril para sufrir lesións tóxicas. <ref>Gisbert Calabuig, J.A. MEDICINA LEGAL Y TOXICOLOGIA. 4ª Edición. Madrid: Editorial Diaz de Santos, 2004.</ref> <ref>Manuel Repetto Jiménez, Guillermo Repetto Kuhn. TOXICOLOGIA FUNDAMENTAL. Barcelona: Científico-Médica, 1988</ref>
 
==Axentes nefrotóxicos específicos==