Vitorino Núñez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 9:
Despois do derrame cerebral que afecta a Euloxio Gómez Franqueira e que deixa a [[Coalición Galega]] sen un liderado claro, Vitorino Núñez abandonaría ese partido en [[1985]] para recompoñer o grupo inicial baixo o nome de [[Centristas de Galicia]]. Esta pequena formación, con implantación fundamentalmente na [[provincia de Ourense]] presentouse a varios comicios coaligada co [[Partido Popular]], no que finalmente terminaría por integrarse.
 
Tras as [[eleccións lexislativas de 1986]] obtivo un escano no [[Senado español|Senado]], do que tomou posesión o [[22 de xuño]] e en outubro de [[eleccións lexislativas deXerais 1989 en España|1989]] saíu elixido deputado no [[Congreso español|Congreso]]. En [[1990]] saíu elixido deputado no [[Parlamento de Galicia]], e mercé aos acordos entre a súa formación e o Partido Popular foi escollido [[presidente do Parlamento de Galicia|presidente do Parlamento]] durante sete anos (entre [[1990]] e [[1997]]), correspondentes á terceira e cuarta lexislaturas.
 
Logo do seu paso polo parlamento galego regresou ao Senado en [[1997]], escollido en representación da comunidade autónoma, ata o [[20 de xaneiro]] de [[2004]], data en que se disolveron as cámaras.