Eduardo Olano Gurriarán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
retoques
Liña 1:
'''Eduardo Olano Gurriarán''', nado no [[O Barco de Valdeorras|Barco de Valdeorras]], [[provincia de Ourense|Ourense]] o [[16 de febreiro]] de [[1933]], é un político galego, empresario e enxeñeiro forestal.
 
==Traxectoria==
Aínda que naceu no [[O Barco de Valdeorras|Barco de Valdeorras]], marchou a vivir a [[Ourense]] con catro anos, se ben non perdeu o contacto coa súa vila natal. O seu pai, [[Eduardo Olano Fernández]] foi [[Alcaldes de Ourense|alcalde de Ourense]] nos anos corenta. Estudou Enxeñería de Montes en [[Madrid]] e ao rematar a carreira foi contratado por [[Patrimonio Forestal do Estado]], con destinos primeiro en [[Pontevedra]] e posteriormente na [[A Coruña|Coruña]]. Despois foi destinado a [[Madrid]], á dirección xeral de Montes, dende onde colaborou na organización do Sexto Congreso Forestal Mundial, ([[1966]]), así como na Exposición Forestal Mundial. En [[1968]] regresa a Ourense para facerse cargo da dirección xeral da empresa de taboleiros de madeira Orember, desaparecida na actualidade.
 
O [[11 de abril]] de [[1973]] o [[Ministerio do Interior de España|ministro da Gobernación]] noméao presidente da [[Deputación de Ourense]], en substitución de [[David Ferrer Garrido|David Ferrer]]. Naquela altura, o cargo de presidente da Deputación levaba aparellado o cargo de presidente da [[Caixa de Aforros Provincial de Ourense]], cargo que ocupa ata [[1974]], cando foi destituído como consecuencia dun escándalo financeiro. Naquel momento foi destituído tamén da presidencia da deputación, ambos os dous por [[Luís Álvarez Rodríguez]].