Diferenzas entre revisións de «Nazgûl»

(→‎Literatura: arranxo)
<ref>Tolkien, J.R.R. (1978),The Silmarillion: George Allen & Unwin, Suffolk, "Of the Rings of Power and the Third Age", páx 346, ISBN 0618126988</ref>.}}
 
{{panorama|One Ring inscription.svg|600px|<center>Reconstrución da inscrición orixinal do [[Anel Único]], en [[lingua negra]] escrita con caracteres [[tengwar]]</ center>}}
O efecto corruptor dos Aneis prolongou a súa vida moi alén dos seus anos mortais, mentres as súas formas corpóreas se esvaecían co tempo até se volver completamente invisíbeis aos ollos dos mortais. Presentaban unha forma visíbel só por medio do seu atavío negro exterior. O reflexo vermello dos seus ollos podía apreciarse mesmo á luz do día, e ao se enfureceren aparecían envoltos nun lume infernal. Contaban con multitude de armas; n'''[[A Irmandade do Anel]]'' portaban espadas de aceiro, e o seu líder, o [[Rei Bruxo de Angmar]], esgrimía un coitelo con propiedades máxicas malignas. Máis adiante, durante a [[Batalla dos Campos de Pelennor]], levaba unha "espada longa e pálida"<ref>Tolkien, J.R.R. (2002), O Regreso do Rei: Edicións Xerais de Galicia, Vigo, "O asedio de Gondor", páx. 118, ISBN 84-8302-916-2</ref> que inspiraba terror nos corazóns dos defensores de [[Minas Tirith]], e logo de chegaren os [[Rohirrim]] brandiu unha maza nun duelo contra [[Éowyn]].
 
13.785

edicións