Ánxela Loureiro: Diferenzas entre revisións

escritora de literatura infantil e xuvenil
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{FormatoWiki}} {{Infobox escritor |nome = Ánxela Loureiro Fernández |image = Anxela_Loureiro.jpg |descrición = |data_de_nacemento = 1956 |lugar_de_nacemento = Ferrol {{..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 18 de xuño de 2010 ás 19:01

Modelo:Infobox escritor

Ánxela Loureiro Fernández, nada en Ferrol en 1956 é unha escritora de literatura infantil e xuvenil. Cultiva diferentes xéneros literarios: teatro, novela, poesía e guión cinematográfico. Mestra coas especialidades de Ciencias Sociais, Música, Lingua castelá e Lingua inglesa. Na actualidade exerce como asesora de Educación en Valores no Centro de Formación e Recursos de Ferrol.


Traxectoria

Iníciase como escritora de teatro infantil coa obra titulada Ollo! Hai lurpios na horta que acadou o 1º Premio de Teatro Infantil do Ateneo Ferrolán e que se representou por toda Galicia en 1980. Aínda que continuou escribindo obras teatrais, algunhas becadas pola Consellería de Cultura, a súa creatividade espallouna a outros xéneros como a poesía ou a novela. A poesía, sempre vencellada á música, pois é autora de numerosas cancións polas que acadou varios premios no concurso Cantareliña e colaborou en diferentes publicacións e discos.

O seu primeiro libro de narrativa foi Viaxe de ida e volta no ano 1996. Posteriormente publicou Laia a nena da illa, Camiño perigoso (ambos os dous finalistas do Premio Merlín de Edicións Xerais en diferentes convocatorias) e Ota quere voar polo que recibiu os premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento no mesmo ano.

Estes últimos anos mergullouse no mundo do cine para o que escribiu varios guións cinematográficos dirixidos á infancia: Pica-pica circus, guión de longametraxe en plastilina para a produtora Luafilms; E por que II, 26 guións de curtametraxes de animación coa temática de exercicio físico e alimentación saudable; e Meigallos guión de longametraxe de animación para a produtora Continental Producciones.

A súa afección pola música lévaa a participar en varios grupos musicais e a dirixir coros infantís como “Ledicia” do que é a súa fundadora. Formou parte do grupo folk Saraibas actuando en numerosos escenarios de Galicia e Europa e gravando varios discos incorporando a súa voz solista, instrumentos de percusión e realizando arranxos musicais.

A súa profesión de mestra fai que colabore con relatorios e obradoiros en diversos foros educativos, que escriba artigos en revistas de carácter didáctico, que participe na elaboración de libros de texto ou que publique libros para o profesorado como Canción para o ano onde convida a que se utilice a música popular nas aulas. No eido educativo, ademais, impulsa a recuperación dos xogos tradicionais musicais e defende a súa incorporación nas aulas como elementos de socialización.

En toda a súa obra amosa un especial interese por resaltar os valores da solidariedade, amizade, igualdade e liberdade. A súa linguaxe, sempre, é coeducativa.


Publicacións

Revistas

  • Entrevista con Emilio Calatayud. Unha oportunidade para a convivencia en Revista IDEA nº 13.
  • Cristina Almeida. A importancia de educar en igualdade en Revista IDEA nº14
  • Nélida Zaitegi. A voz do diálogo en Revista IDEA nº 15.


Libros

Novelas infantís / xuvenís

  • Viaxe de ida e volta. Edicións Xerais.
  • Laia, a nena da illa. Edicións Xerais. (Finalista do Premio Merlín)
  • Camiño perigoso. Edicións Xerais (Finalista do Premio Merlín 2002)
  • Ota, quere voar. Edicións Xerais. (Premio Lecturas Galix 2005 e Premio Literario Frei Martín Sarmiento 2005)


Libros didácticos

  • Cancións para o ano de Edicións Xerais. (Textos, partituras e actividades didácticas dirixidas ao profesorado)
  • José Fontenla Leal un dinamizador do galeguismo. Edición do Concello de Ferrol (Unidade didáctica)

Libros de texto

  • Coautora do libro de texto globalizado Nobelos de papel de Edicións Xerais.
  • Colaboradora dos libros Música 3 , Música 4, Música 5 e Música 6 de Edicións S.M.

Libros compartidos

  • A fábrica de soños no libro colectivo E dixo o corvo Edicións Xunta de Galicia.
  • Andrea Chapapote no libro colectivo Contos de circo, cronopios e avións. Edicións Xunta de Galicia 2005

Cancións

  • A buxaina brincadeira, Ris pun chis e Quen son? nos cadernos de Cantareliña II, III e VII respectivamente.
  • A caracola, Pasan coches polas rúas, A castaña, Sol do outono, Os meus ollos, Estrela na noite, Nace unha planta, Noite de San Xoan, Facendo o disfrace, Despertar no galiñeiro, Arco da Vella, Son ecoloxista, O maio letras das cancións recollidas no libro As nosas cancións I e II de Edicións Música para todos.

Discos

  • Camiño Longo. Grupo folk Saraibas. (Voz, percusión e arranxos).
  • Cancións para o ano. Grupo folk Saraibas. (Coordinación, voz, percusión e arranxos).
  • Canción Poesía no disco colectivo Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. (Voz)
  • Música 3 , Música 4 , Música 5 e Música 6 de Edicións S.M. (Coordinación, arranxos musicais, voz e percusión)