A galiña azul (escolas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
definición
algún arranxo
Liña 6:
'''A galiña azul''', rede de escolas infantís de Galicia, primeiro coñecida como rede de '''galescolas''', é a rede de escolas de [[educación infantil]] dependentes da [[Xunta de Galicia]] dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos.
 
A rede de galescolasescolas infantís está xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e do que forman parte a [[Vicepresidencia da Xunta de Galicia]], e distintos concellos urbanos e rurais, onde se atopan os centros. As galescolas comezaron a funcionar a partir do curso 2007-2008, mais foi a partir do curso 2009-2010 que mudaron o nome.
 
É necesario nomear que tanto o concepto, como o nome, o proxecto e a iniciativa das galescolas partiu desde a internet por parte da Asociación Vogal (Viveiro e Observatório das Galescolas) xa a finais do ano 2004.
 
O proxecto educativo das Galescolas di fomentar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos e favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos proxenitores. Cada grupo de nenas e nenos é atendido por dous ou dúas profesionais da educación, no que se denomina "parella educativa". Ao funcionaren en rede, as galescolasescolas infantís comparten entre elas recursos, servizos e elementos de coordinación e apoio pedagóxico.
 
Os sectores que conforman a comunidade educativa están representados en órganos colexiados coma o consello de participación.