Diferenzas entre revisións de «Granxa de Barreiros»

sen resumo de edición
(traducido de es:Granja de Barreiros)
 
A intención do empresario e filántropo lugués era crear unha escola de orientación agraria para mestres, de forma que integrasen a [[cultura galega]] e os ciclos da natureza na formación escolar. Tamén quería promover a creación de hortas escolares nas escolas públicas da provincia. O proxecto e os edificios da granxa foron deseñados polo arquitecto galego [[Manuel Gómez Román]].
 
O seu primeiro director foi [[Avelino Pousa Antelo]], que antes da [[guerra civil española|guerra civil]] fora membro das [[MocidadesMocedades Galeguistas]], facendo unha forte campaña a prol do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía]] de [[1936]]. Profundamente [[agrarismo|agrarista]] e cooperativista, en 1946 obtivera unha bolsa na [[Misión Biolóxica]] que dirixía [[Cruz Gallástegui Unamuno]] en [[Salcedo, Pontevedra|Salcedo]] ([[Pontevedra]]).
 
Desde 1948 até a súa morte a institución foi sostida por [[Antonio Fernández López]]. Na actualidade segue a funcionar, plenamente integrada nos plans educativos promovidos polo [[Colexio Fingoi]] de [[Lugo]]. Está xestionada polo Instituto Galego de Educación Medioambiental A Ponticela, baixo a dirección de [[Siña Fernández Puentes]], filla do fundador.
4.047

edicións