Batalla de Verdún: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Silverfox (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 44:
 
O 1 de xullo, un combinado anglo-francés atacou no [[río Somme]], e os alemáns tiveron que desplazar artillaría e soldados cara a nova batalla. Non se produciron máis avances xermanos en Verdún.
 
== Contrataques franceses de finais de 1916 e agosto de 1917 ==
En outubro de 1916 o xeneral Nivelle planificou unha ofensiva sobre as posicións alemanas defensivas. Fort Douaumont foi bombardeado con proxectís de 75 e 150 mm e outros de maior calibre. O 24 de outubro, a infantería de mariña tomou Fort Douamont. O 2 de novembro, os alemáns retiráronse de Fort Vaux debido aos ataques galos. O 15 de decembro o ataque francés reanudouse por orde de Nivelle, empurrando aos alemáns cara as súas posicións iniciais en febreiro de 1916.
 
En agosto de 1917, unha nova ofensiva francesa, apoiada por unha artillaría moi potente, atacou o flanco esquerdo, recuperando a colina 304 e Le Mort Homme. Non habería máis cambios sustanciais, pero a zona permaneceu moi activa incluso despois do armisticio de novembro de 1918.
 
== Consecuencias ==
O obxectivo inicial alemán era o de atacar nun punto onde os franceses non se puidesen retirar e onde tivesen pouco apoio do resto de [[Francia]]. O Alto Mando alemán decidiu que Verdún era o punto ideal e encargóuselle o ataque a [[Erich von Falkenhayn]]. O xeneral pensaba que un bombardeo masivo de artillaría seguido dun rápido avance de infantería podería ocasionar elevadísimas baixas galas, con poucas baixas dos seus homes.
 
O obxectivo alemán non foi conseguido, xa que, a pesar de que as baixas francesas foron moi elevadas, non foron moi inferiores as xermanas.
 
As baixas francesas estimáronse en 371.000 homes, dos cales 60.000 morreron, 101.000 desapareceron e 210.000 resultaron feridos. Os alemáns sufriron 337.000 baixas en total. Calcúlase que aproximadamente o 70% faleceron a causa da artillaría.
[[Categoría:Batallas da Primeira Guerra Mundial]]
[[af:Slag van Verdun]]