Alfredo Vicenti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 4:
Estudou Medicina e Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]], carreiras nas que nunca exerceu, pois dedicouse pronto ao xornalismo e á política.
 
En [[1875]] comezou a redactar en Santiago o texto de ''A orillas del Ulla'', que publicou no xornal ourensán ''[[El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego]]'' dirixido polo seu amigo [[Valentín Lamas Carvajal]]. Xa era redactor xefe de ''[[El Diario de Santiago]]'' cando se produciu o levantamento [[cantonalismo|cantonal]] de [[Ferrol]] en [[1872]]. En [[1878]] é xa director deste diario, cuxa cabeceira foi substituída logo pola de ''[[Gaceta de Galicia]]''.
 
O cardeal Payá y Rico excomulgouno ese mesmo ano e en 1880 marchou a [[Madrid]]. Alí substituíu a [[Manuel Murguía]] na dirección de ''La Ilustración Gallega y Asturiana'' de [[Alejandro Chao]] (1880-1882); tamén foi unha peza importante na progresión de ''O Globo'', o gran diario de [[Emilio Castelar]] (1880-1895).