Diastase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A '''diastasa''' ou '''amilasa''' é un enzima de orixe vexetal, do tipo das hidrolasas e contida en certas sementes nadas e outras partes das plantas, aínda que..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2010 ás 21:51

A diastasa ou amilasa é un enzima de orixe vexetal, do tipo das hidrolasas e contida en certas sementes nadas e outras partes das plantas, aínda que se atopa tanto en plantas coma en animais. A amilasa hidroliza algúns hidratos de carbono coma o amidón, o glicóxeno e a dextrina.

A diastasa foi o primeiro enzima descuberto. De feito, o sufixo -asa, de uso común para formar nomes de enzimas, procede da diastasa. En 1833, os químicos franceses Anselme Payen e Jean-François Persoz, que traballaban na industria azucreira, extraérona dunha solución de malta e este traballo conduciunos á sospeita de que as substancias similares (enzimas) puideran ter importancia en procesos bioquímicos. O nome diastasa procede do grego διάστασις (separación), xa que cando a malta remollada para facer cervexa quece, a enzima cataliza a hidrólise incompleta do amidón da cebada en azucres solubles.

Referencias

1. Diastase (inglés) [1]

2. Diastasa (español) [2]