Manuel Lustres Rivas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
+ datos
m arranxos, lig int
Liña 4:
Fillo do piloto de buque mercante José Lustres Gómez e de María Rivas Otero. Trasladouse a [[Compostela]] para estudar de medicina. Alí fixo amizade con Castelao e participou nos faladoiros do Café Colón.
 
En [[1906]] comezou a colaborar en ''[[El Miño]]'' e pasou en [[1907]] a ''[[Galicia Nueva]]'' de Vilagarcía, publicando tamén artigos na ''[[Gaceta de Galicia]]'' de Compostela, ''[[El Heraldo Gallego]]'', do que foi director varios anos. En 1915 marcha a Madrid e colabora en ''[[España Nueva]]'', ''[[España Libre]]'' e ''[[El Liberal]]''. En [[1918]] volta a Galicia e colabora en ''[[La Concordia]]'' de Vigo ata 1922. Ao ano seguinte foi nomeado redactor xefe do xornal vigués ''[[Galicia. Diario de Vigo|Galicia]]'' dirixido. Despois de deixar a redaciónredacción emigra á Arxentina aínda que segue a colaborar co xornal enviando crónicas daquel país. Regresa a Galiza e colabora en ''[[Faro de Vigo]]'' e outros medios.
 
Nos primeiros días da Guerra Civil, foi detido nas instalacións do ''Faro de Vigo'' do que era redactor e encarcerado no presidio da [[illa de San Simón]]. Foi asasinado o [[10 de novembro]] de [[1936]], o seu corpo sen vida apareceu na devesa da Concheira (Redondela). Os seus restos descansan no cemiterio vigués de Pereiró.
 
==Obra==
Reuniu os seus ensaios no volume ''Pandemonium'' (1917), e publicacoupublicou no folletón de ''[[La Correspondencia de España]]'' de Madrid a narración ''La fraticida''. Pero dedicou maior esforzo ao teatro, estreando en Vigo en [[1923]], en colaboración con [[Ramiro del Valle]], a comedia en dous actos ''La hora grande''. Con [[Ramón Fernández Mato]] estreará outra comedia, ''Peregrino de la ilusión''.
 
En galego publicou diversos artigos en xornais e revistas como ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]''.