Epífise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 19:
 
== Descrición ==
A epífise está formada por óso esponxoso no centro e por unha capa delgada de óso compacto na súa periferia, e encóntrase separada da parte central do óso por unha rexión chamada [[metáfise]], que é onde se encontra a [[cartilaxe metafisaria|cartilaxe de crecemento]].<ref name=B>Tortora - Derrickson. Principios de Anatomía y Fisiología, 11ª edición (2006). ISBN 968-7988-77-0. Consultado elo 13/4/2010</ref>
 
A epífise está cuberta na sua parte externa polo [[periostio]] e na sua parte interna encóntrase a [[medula ósea]] vermella que é onde se forman os [[glóbulos vermellos]] e outras células sanguíneas. Na zona que forma a articulación recóbrea un tecido cartilaxinoso que se chama cartilaxe articular.