Batalla de Verdún: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
prosigo co artigo
Silverfox (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
== Preludio ==
A finais de 1915 Verdún dispoñía de poucos efectivos tanto humanos coma materiais. As torretas rotables foran transportadas a outras áreas. Os canóns eran insuficientes e de peor calidade que os alemáns. Existía ademais incoordinación entre os oficiais de campo de Verdún e os mandos centrais.
 
Durante os últimos meses de 1915 e xaneiro de 1916, o [[Imperio Alemán]] estaba reunindo pezas de artillaría e tropas en torno á cidade. Para febreiro, reunira 72 batallóns e 1400 metralladoras, ademais de numerosas pezas de artillaría pesada de 14 e 16 pulgadas. O mesmo mes, o Alto Mando francés recibiu informes sobre esta concentración e enviou reforzos procedentes do 30 Corpo, a 51ª e 72ª divisións. Totalizou para finais de mes 32 batallóns. Naquel momento non existía unha liña contínua de arames nin outras defensas estáticas.
 
==== Febreiro - Abril 1916 ====
O ataque foi planexado para o 12 de febreiro, pero a chuvia e o fango impedírono. Finalmente foi lanzado no 21 de febreiro ás 7.15 am tras un bombardeo de artillaría pesada que durou 10 horas e empregou aproximadamente 1.000.000 de proxectís. A descarga ao longo duns 40 quilómetros destríu moitas trincheiras, defensas e liñas telefónicas. Inmediatamente despois, tres corpos de exército alemán (3º, 7º e 18º) avanzaron dende diversos puntos, armados con lanzachamas. Na vangarda situáronse as tropas de asalto, recén creadas, dispoñían de metralladoras lixeiras e granadas de man. Non obstante, os franceses resistiron na fronte causando 600 baixas alemanas.
 
O 22 de febreiro as tropas de asalto conseguiron empuxar as tropas alemanas cara [[Samogneux]], [[Beaumont]] e [[Ornes]]. Asaltaron ademais a cidade de Haumont, pero non puideron tomala.
 
O 23 de febreiro, os franceses emprenderon un contraataque Bois des Caures, que foi repelido. Os combates continuaron en torno a Haumont, en Bois de l'Herbebois, pero os alemáns foron capaces de rodear aos franceses e tomar a vila. En Samogneux os galos retiveron o control da cidade tras combates moi duros. Nas outras áreas os alemáns seguiron empurrando aos franceses ata a última liña defensiva.
O 24 de febreiro tres compañías do reximento 24º alemán atacaron Fort Douaumont, unha estrutura defensiva central, conseguindo a súa rendición o mesmo día.
 
O 25 de febreiro Petain tomou a decisión de cambiar as liñas defensivas. Solicitou reforzos inmediatos e masivos. Reforzáronse as estruturas defensivas principais e desplazáronse divisións dende outros puntos da fronte. O 20º Corpo francés ocupou posicións ao norleste de Verdún, para poder iniciar contraataques fronte os flancos alemáns.
 
O 29 de febreiro os alemáns reiniciaron o ataque na cidade de Douamont, pero non apenas puideron avanzar fronte á obstinada defensa francesa por parte do 33º reximento de infantería. No transcurso do combate foi capturado [[Charles de Gaulle]], neste momento ao mando dunha compañía. A resistencia freou o avance alemán, permitindo a chegada de 90.000 homes e 23.000 toneladas de material bélico por vía ferroviaria, na que se coñecería coma vía sagrada. Nos seguintes días o avance alemán seguiu freándose debido aos bombardeos, que converteran toda a área nun inmenso lodazal, no que avanzar era moi custoso. O 2 de marzo, os exércitos alemáns tomaron Douamont perdendo uns 2000 homes. O V Exército alemán viuse moi afectado, resultando case perdidas 4 reximentos de infantería.
 
O avance frontal volveuse imposible, e os alemáns optaron por atacar ambos flancos. O 6 de marzo atacaron as colinas de Le Mort Homme e a colina 304 o 20. Le Mort Homme foi tomado, despois perdido fronte a un contrataque francés e finalmente ocupado por segunda vez o día 9. Durante o avance cara estas dúas formacións os alemáns tomaron as vilas de Cumières e Chattancourt.