Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
{{Sen referencias}}
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias}}
 
D. '''Sabela de Portugal''', (nada en [[Lisboa,]] o [[24 de outubro]] de [[1503]] ?e finada en [[Toledo,]] o [[1 de maio]] de [[1539)]], foi filla do rei D. [[Manuel I]] e da raíña D. [[María de Aragón e Castela]]. Alcumabana "belísima", como proba o retrato pintado por [[Ticiano]]. Morreu de sobreparto, no Palacio de Fuensalida, en Toledo, estando sepultada no Panteón do [[Escorial]].
 
Era irmá de D. [[Xoán III]] e do Cardeal-Rei D. Henrique. Intelixente e culta, creada no esplendor da máis rica corte europea do seu tempo, en [[Lisboa]], na educación da emperatriz participaron tamén, por influencia de súa nai, Beatriz Galindo, ''la Latina'' e o humanista Luis Vives. Foi longamente rexente en nome de [[Carlos V]], entre 1528 e 1533, primeiro, e de 1535 a 1538 novamente, mentres o marido se ausentou, en guerra.
 
Alén diso, tivo moita importancia en relación á educación do seu primoxénito, que viría a ser Filipe II de Habsburgo, de lingua materna portuguesa, creado e educado polas damas portuguesa de súa nai durante a infancia.
Liña 16:
 
Tendo a emperatriz falecido en Toledo, e estando nesa época o soberano en Granada, encargou este o futuro S. Francisco de Borja, un dos moitos apaixonados platónicos da bela emperatriz, da conducir até si a fin da sepultar. Chegados alí, ao abriren cerimonialmente o caixón de D. Sabela, a fin de verificaren a identidade do rexio cadáver, a súa decomposición ía xa avanzada, destruíndo a fermosura da máis bela muller daquel tempo, segundo rezaban os literatos de entón. Segundo a lenda, perante a hedionda visión do seu cadáver descomposto o aínda Duque de Gandia, casado coa portuguesa D. Leonor de Castro, unha das súas damas, e que tanto e tan lonxamente amara a emperatriz á distancia, xurou nunca máis servir a señor humano algún, virándose unicamente para o servizo divino; e ao enviuvar de D. Leonor, algúns anos despois, optará pola vida relixiosa ingresando na [[Compañía de Xesús]]. O novo padre Francisco de Borja foi o terceiro Xeral da Compañía, sendo despois canonizado como [[San Francisco de Borja]]. No entanto, sabemos agora que a famosa frase despois atribuída ao duque, e que deu nome ao célebre poema de Sophia de Mello Breyner titulado "Meditación do Duque de Gandia na morte de Sabela de Portugal", sobre a súa alegada decisión de nunca máis servir a señor mortal algún, foi si pronunciada por San Xoán de Ávila na oración fúnebre da emperatriz que proferiu durante as súas exéquias. É aínda no entanto posíbel que S. Xoán de Ávila utilizase nas exéquias imperiais a frase do humilde S. Francisco de Borja ao ser obrigado a contemplar decomposta a muller que amara, e que a tradición oral o soubese, ao atribuír a autoría desta a el e non a S. Xoán de Ávila.
 
{{sencat}}
 
[[ar:إيزابيل أفيس (1503-1539)]]