Papel maché: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Correccións da lingua (falta corrixir apelmazar)
m Bot Engadido: bg:Папие-маше; cambios estética
Liña 5:
Ten a súa orixe na [[China]], na [[India]] e [[Persia]]. A denominación provén da expresión [[lingua francesa|francesa]] ''papier maché'' (papel mastigado ou machacado), pois, antes de existir muíños e batedoras, a pasta elaborábase mastigando os anacos de papel.
 
== Variedades ==
En [[Italia]] a técnica é chamada ''carta pesta'', expresión que designa máis especificamente a técnica de formar capas con trozos de papel engomados, ou usando [[engrudo]] dándolle a forma deseaxda, xeralmente sobre unha base ou molde.
 
Liña 12:
Débese distinguir do ''[[decoupage]]'', técnica que tamén usa anacos de teas delgadas.
 
== Usos ==
Adóitase usar para facer obxectos decorativos e utilitarios, e para decoración en relevo, ou para elaborar [[máscara]]s, [[disfraz|disfraces]] e [[utilería]] ou esculturas de [[entroido]] ou para teatro e cine.
 
== Elaboración da pasta de papel ==
O papel debe ser troceado en anacos dun tamaño aproximado de 3 cm de lado, mellor á man ca cunha [[tesoira]] para non cortar as [[fibra]]s. O primeiro corte debe facerse no sentido das fibras (de feito que o corte das tiras sexa dereito e estas queden alongadas), e despois as tiras córtanse en cadradiños. Os anacos bótanse nun caldeiro con [[auga]], preferiblemente quente, onde se deben deixar un par de días, para que sexa máis doado de bater, e faga mellor pasta. En caso de urxencia, o batido pode ser instantáneo, agás que sexa para facer pezas pequenas, que requiren unha pasta máis fina, con menos grumos.
 
Se se fai moita cantidade, non se bate no mesmo caldeiro, é mellor ir poñendo porcións deste papel remollado noutro caldeiro máis pequeno e ir batendo por porcións, deixando enfriar a batedora frecuentemente para que non se queime. A masa xa batida vaise coando cun coador grande, sen estrullar a masa, axitándoa no coador para que escurra, e como moito, presionándoa suavemente coa palma da man enriba cando xa non escorre soa. Logo déixase nun coador grande de plástico (chamados coadores chineses ou de lavar verduras) para que siga escorrendo soa un pouco máis.
== Enchido do molde ==
[[Ficheiro:Papier mache.jpg|thumb|325px|right|Papel maché sobre unha forma redondeada para crear a figura dun porco. O globo explótase cando a cola seca.]]
 
Liña 31:
Como acabado, antes de pintar e despois de lixar, pódese aplicar unha capa de cola rebaixada con auga
 
== Pasta de papel para modelar ==
Faise igual que a anterior, pero non é preciso escorrela tanto, pois levará máis proporción de xiz. Convén deixala máis tempo no remollo, e batela máis para que saia unha pasta máis fina. Unha vez coada (pero que pingue e sen apertala nada para que non se apelmace) ponse nun caldeiro, engádese unha boa cantidade de cola, espachúrrase entre os dedos para que se mesture coa cola, e logo váiselle engadindo o xiz segundo se amasa, e un corro de aceite de liñaza. Pódese engadir auga se se ve que non acepta máis xiz por falla de humidade. Pódese engadir po de [[barro]], para darlle máis plasticidade, e [[serradura]]s, [[area]], ou mesmo [[cemento]] para que endureza antes e quede máis duro (para un modelado áxil e pouco perfeccionista, debido ao cemento).
 
Liña 38:
[[Categoría:Escultura]]
 
[[bg:Папие-маше]]
[[cs:Papírmaš]]
[[de:Pappmaché]]