Diferenzas entre revisións de «Moldes, Melide»

==Patrimonio==
A igrexa románica de San Martiño de Moldes foi construída no século XII. A súa fachada principal é de [[sillería]], e os muros laterais de [[cachotaría]]. O retablo principal foi traído da parroquia de [[Pezobrés, Santiso|Santo Estevo de Pezobrés]] ([[Santiso]]). O templo ten outros dous retablos: o das Angustias, baldaquino, e un retablo lateral de [[1741]]. A súa portada occidental mostra un tímpano coa loita de Sansón e o león.
 
[[File:Moldes01.JPG]]
 
Arredor da igrexa está o camposanto, e do outro lado da estrada hai un [[cruceiro]] de [[1897]].
Usuario anónimo