Festival de Cinema de Sundance: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 8 de xuño de 2010 ás 06:18

O Festival de Cine de Sundance (en inglés, Sundance Film Festival) é un acontecemento cinematográfico internacional que se celebra anualmente nas dúas últimas semanas de xaneiro na localidade de Park City, próxima á Salt Lake City, a capital do estado de Utah, nos Estados Unidos.

O festival xurdiu dunha idea de Robert Redford en 1980. Quería dar unha oportunidade a novos creadores alleos á grande industria de Hollywood. Nun principio, Sundance foi un instituto de cinematografía, mais pronto veuse a oportunidade de mostrar ao público os traballos que realizaban os creadores, polo que en 1983, Redford creou o Festival de Cinema de Sundance, que é agora un dos festivais de cine independente máis importante do mundo.

O nome do festival ("Sundance") está inspirado no personaxe que o propio Robert Redford interpretou en 1969 en Butch Cassidy and The Sundance Kid (o bandoleiro Butch foi interpretado por Paul Newman).

Cada ano selecciónanse 200 películas para ser exhibidas entre máis de 9.000 que se presentan. Máis de 50.000 persoas asisten ás instalacións de Park City, Salt Lake City, Ogden, e Sundance. Ademais de descubrírense novos talentos mediante a proxección de documentais, dramas e curtas, os asistentes poden escoitar interpretacións de música en directo, paneis de discusión cos creadores e figuras relacionadas co cinema, instalacións de avances, etc.

Deste festival saíron grandes cineastas, como Quentin Tarantino ou os irmáns Coen.

Véxase tamén

Ligazóns externas