Páncreas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo
amplío desde wiki pt
Liña 24:
 
O páncreas produce [[enzima]]s que axudan á [[dixestión]] de alimentos. Por todo o páncreas atópanse lugares denominados ''illotes de Langerhans'', formados por células que teñen un fin determinado: as células alfa producen [[glucagón]], que eleva o nivel de [[glicosa]] no sangue; as células beta producen [[insulina]]; as células delta producen [[somatostatina]]; e tamén hai células PP e Dl, das que pouco se sabe.
 
==Anatomía==
En humanos, o páncreas é unha glándula longa de 15-25 cm que se localiza no [[abdome]]. Sendo unha das glándulas [[retroperitoneal|retroperitoneais]], o páncreas está situado posteriormente ao [[estómago]] e está en asociación próxima ao [[duodeno]]. Xeralmente descríbes con tres rexións: a cabeza, corpo e o rabo.
 
O [[conduto pancreático]] (tamén chamado de [[ducto de Wirsung]]) percorre o comprimento do páâncreas e termina na segunda porción do duodeno, na [[ampola de Vater]] (hepatopancreática). O [[conduto biliar común]] xeralmente se une ao conduto pancreático neste punto ou moi cerca del. Moitas persoas tamén posuen un pequeno conduto accesorio, o [[conduto de Sartorini]].
 
===Arterias e veas===
O páncreas é suprido arterialmente polas arterias pancreaticoduodenais:
* A [[arteria mesentérica superior]] que orixina as [[arterias pancreaticoduodenais inferiores]]
* A [[arteria gastroduodenal]] que orixina as [[arterias pancreaticoduodenais superiores]]
* A [[arteria esplénica]] que orixina as [[arterias pancreáticas]]
 
A drenaxe [[venosa]] é feita a través das [[veas pancreáticas]] que son tributarias das veas esplénica e mesentérica superior, no entanto a maioria delas terminan na vea esplénica. A [[vea porta hepática]] está formada pola unión da [[vea mesentérica superior]] e [[vea esplênica]] posteriormente ao colo do páncreas. Xeralmente a [[vea mesentérica inferior]] únese á [[vea esplénica]] atrás do páncreas (noutras persoas ela simplemente se une á [[vea mesentérica superior]]).
 
{{Sistema endócrino}}