Ella Fitzgerald: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
 
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Ella Fitzgerald 1940.jpg|thumb|300px|Ella Fitzgerald fotografiada por [[Carl Van Vechten]], 1940.]]
[[Ficheiro:EllaFitzgeraldvv.jpg|thumb|300px|]]
'''Ella Jane Fitzgerald''', coñecida como '''Ella Fitzgerald''' e alcumada '''Lady Ella''' e '''The First Lady of Song''' (''A primeira dama da canción''), nada en [[Newport News]] o [[25 de abril]] de [[1917]], e finada en [[Beverly Hills, California|Beverly Hills]] o [[15 de xuño]] de [[1996]], coñecida como '''Ella Fitzgerald''' e alcumada '''Lady Ella''' e '''The First Lady of Song''' (''A primeira dama da canción''), foi unha cantante estadounidense de [[jazz]]. Non obstante esta condición básica de jazzista, o repertorio musical de Ella Fitzgerald é moi amplo e inclúe [[swing]], [[blues]], [[bossa nova]], [[samba]], [[gospel]], [[calipso]], cancións de nadal, [[pop]], etc.
 
Canda [[Billie Holiday]] e [[Sarah Vaughan]], está considerada como a cantante máis importante e influínte da historia do [[jazz]] (e, en xeral, da canción melódica popular). Estaba dotada dunha voz cun rango vocal de tres [[oitavas]], destacando a súa precisa e diáfana vocalización e a súa capacidade de improvisación, sobre todo no [[scat]], técnica que desenvolveu nos anos corenta e do que logo xurdiu o [[bop]]. Nos anos cincuenta sentou cátedra coa súa concepción da canción melódica, en paralelo á obra de [[Frank Sinatra]], coas súas versións dos temas dos grandes compositores da canción popular estadounidense (os ''songbooks'' de [[Duke Ellington]], [[Cole Porter]], [[Johnny Mercer]], etc.). O único reparo que se lle puxo ao seu talento interpretativo era a certa incapacidade para adaptarse emocionalmente a letras con contido dramático.
Liña 7:
Gañou 13 Premios [[Grammy]], e foi galardoada ca ''Medalla Nacional das Artes'' e a ''[[Medalla Presidencial da Liberdade]]'' de [[Estados Unidos]].
 
== BiografíaTraxectoria ==
 
Naceu en [[Newport News]], [[Virxinia]], [[EUA]], creceu en [[Yonkers]], [[Nova York]], nunha situación de pobreza permanente. Seu pai, William Fitzgerald, condutor de tren, abandonou a súa nai Temperance (Tempie) Fitzgerald, lavandeira, cando Ella era moi cativa. As dúas trasladáronse a [[Yonkers]] ([[Nova York]]), xunto co mozo de Tempie, Joseph Da Silva, co que tería unha filla en 1923, Frances Fitzgerald.
 
En 1932, a nai de Ella faleceu tras un grave accidente de tráfico. Despois de estar con Da Silva durante un breve tempo, súa tía Virginia fíxose cargo dela. Pouco despois, Da Silva morrería dun ataque cardíaco, polo que Frances tivo que ir tamén vivir con Ella e a súa tía. Este ambiente dramático condicionou o comportamento de Ella, que tivo frecuentes problemas co absentismo escolar e incluso coa policía, o que a levou a ser internada nun reformatorio, de onde tratou de escapar varias veces, así como tamén da súa casa.
 
Este ambiente dramático condicionou o comportamento de Ella, que tivo frecuentes problemas co absentismo escolar e incluso coa policía, o que a levou a ser internada nun reformatorio, de onde tratou de escapar varias veces, así como tamén da súa casa.
 
Xa de meniña gustáballe bailar e cantar nun club escolar e no coro da ''Bethany African Methodist Episcopal Church''. Aprendeu a tocar o [[piano]], escoitaba atentamente a [[radio]] e estudou todas as gravacións que saían de [[Louis Armstrong]] e as [[Boswell Sisters]].
Liña 19 ⟶ 16:
En 1932 trasladouse a [[Nova York]] para vivir cun tío, e logo na ''State Training School For Girls'' de [[Nova York]], unha especie de hospicio. En 1934 abandonouno.
==== Inicio como cantante ====
Debutou como cantante aos 16 anos, en [[1934]], no ''Harlem Apollo Theater'' de [[Nova York]], gañando o concurso ''Amateur Night Shows'' coa canción ''Judy'', interpretada ao estilo do seu ídolo [[Connee Boswell]]. Tras unha breve colaboración coa banda de [[Tiny Bradshaw]], Ella conseguiu entrar na orquestra de [[Chick Webb]], convencida por un dos asistentes ás noites do Apollo, [[Benny Carter]].
 
Liña 27 ⟶ 24:
Cando [[Chick Webb]] faleceu en [[1939]], a banda continuou a súa xira baixo o nome de, "Ella Fitzgerald and Her Famous Orchestra". Mais uns anos máis tarde, dado o esforzo que supuña dirixir a orquestra e cantar a diario, disolveu a formación.
 
==== Carreira en solitario ====
Comezou a súa carreira en solitario en [[1941]], cantou con [[the Ink Spots]], [[Louis Jordan]] e [[The Delta Rhythm]], e en 1946 empezou a cantar con regularidade nos concertos de [[Norman Granz]] ''Jazz at the Philharmonic'' (JAP), converténdose Granz no seu manager. Produciuse un gran cambio no estilo de Ella durante este período. Estivo de xira coa banda de [[Dizzy Gillespie]] e adoptou o [[bebop]] como parte do seu estilo, e empezou a incluír fragmentos de [[scat]] nas súas interpretacións. As súas gravacións de "Lady Be Good", "How High the Moon" e "Flying Home" durante 1945-1947 fixéronse moi populares e a súa estatura como unha das primeiras voces do [[jazz]] asentouse. Durante un tempo (10 de decembro de 1947 - 28 de agosto de 1953), estivo casada co baixista [[Ray Brown]], con quen adoptou un neno, e usaba o seu trío como acompañante. As series de duetos co pianista [[Ellis Larkins]] en 1950 e 1954 levárona a interpretar composicións de [[George Gershwin]], como faría nun dos seus ''songbooks''.
 
Liña 66 ⟶ 63:
{{commons|Ella Fitzgerald}}
===Ligazóns externas===
* [http://www.ellafitzgerald.com/ Páxina web oficial] {{en}}
 
[[Categoría:Paseo da Fama de Hollywood]]