Urien: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
O seu poder e as súas vitorias, incluídas as batallas de [[Batalla de Gwen Ystrad|Gwen Ystrad]] e [[Batalla de Alclud Ford|Alt Clut Ford]], son celebradas nos poemas laudatorios que lle dedicou [[Taliesin]], preservados no ''[[Libro de Taliesin]]''. Tivo catro fillos, chamados Owain, Rhiwallon, Rhun e Pasgen, dos cales o máis vello foi o seu sucesor. Converteuse no 'Rei Urien de Gore' da [[lenda artúrica]] posterior e o seu fillo [[Owain mab Urien]] foi logo coñecido como [[Ywain]].
 
Segundo as xenealoxías, Urien foi fillo de [[Cynfarch Oer]], fillo de [[Meirchion Gul]], fillo de Gorwst, fillo de Cenau, fillo de [[Coel Hen]] ([[o rei Cole]]), o primeiro líder militar postromano documentado na área do [[muro de HadrianoHadrián]]. Loitou contra os gobernantes do reino [[anglos|anglo]] de [[Bernicia]] (a moderna [[Northumbria]]). Un nobre anglo, Ida, ocupou [[Lindisfarne|Metcauld]] a mediados do século sexto e comezou a devastar o continente. Urien aliouse con outros reis setentrionais, [[Rhydderch Hael]] "o Xeneroso" de [[Reino de Strathclyde|Strathclyde]] e outros dous descendentes de Coel, [[Gwallog mab Llaenog]] e [[Morcant Bulc|Morgant Bwlch]]. Venceron aos anglos e cercáronos en [[Lindisfarne]] pero, segundo a ''[[Historia Brittonum]]'', Urien foi asasinado por orde de Morgant Bwlch que estaba celoso do seu poder. Moi pouco despois os anglos uníronse aos escotos de Ulster para inflixir a definitiva derrota en Dagsestone que fixo caer o poder dos reinos britóns setentrionais. Unha das [[tríades galesas]] chama ao asasinato de Urien un dos "Tres asasinatos desafortunados" e outra inclúeo nos "Tres grandes líderes militares de Britania".
 
==Lenda==