Mausoleo de Halicarnaso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Marabillas do mundo}}
Liña 3:
O [[mausoleo]] de [[Halicarnaso]] foi unha tumba de mármore branca construída en 353 a.C., situado na [[Asia Menor]], actual [[Turquía]]. Foi construida na honra do rei Mausolo (en [[lingua grega|grego]] Μαύσωλος ''Maúsōlos''), rei de [[Caria]].
 
== Historia ==
O proxecto da construción foi concebido pola raíña Artemisa, esposa e irmá do rei [[Mausolo]] de [[Caria]]. A construción puido comezar durante o reinado de Mausolo e puido acabar sobre o ano 350 a.C., tres anos despois da morte de Mausolo e un ano despois do falecemento de [[Artemisa]]. A construción foi encargada a dous [[arquitecto]]s gregos, chamados Sátiros e Piteos, para construíren un soberbo monumento. Os arquitectos construiron unha estrutura rectangular de 30 por 40 m, e sobre ela unha [[pirámide]] con 24 banzos e 117 columnas xónicas. No último banzo había unha estatua dunha [[cuadriga]] (puxada por catro cabalos) coas [[esfinxe]]s do rei e a raíña. Para completar esta marabilla, os mellores escultores greegos da época tallaron figuras e releves na sua estrutura.