Faro de Alexandría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
Liña 2:
O '''[[Faro]] de [[Alexandría]]''' (en [[lingua grega|grego]]: ''ὁ Φάρος τῆς Ἀλεξανδρείας'') foi unha das [[sete marabillas do mundo]] antigo. Construído no [[-279|279 a.C]] por [[Sostrato de Cnido]] por orde de [[Tolomeo I]] na illa de [[Pharos]], fronte [[Alexandría]] ([[Exipto]]). Consistía nunha xigantesca torre sobre a que unha fogueira permanente marcaba a posición da cidade aos navegantes, dado que a costa nesa zona era demasiado chá e por aquel entón carecíase de calquera referencia para a [[navegación]].
 
== Características ==
A súa altura alcanzaba 134 metros, sendo no seu momento probablemente o edificio máis alto do mundo, e para a súa construción utilizáronse grandes bloques de vidro, que foron empregados como cimentos para aumentar a resistencia contra a forza do mar. O resto do edificio era de forma octogonal sobre unha plataforma de base cadrada, e estaba composto de bloques de mármore unidos con chumbo fundido. Na parte mais alta, un grande espello metálico reflectía a luz do sol durante o día, e pola noite proxectaba a dunha grande fogueira até unha distancia de 50 km. Na parte superior do faro había unha estatua, e discútese se era de [[Zeus]] ou de [[Poseidón]], e aínda tamén hai quen di que había as estatuas destes dous reis gregos.