Projecto Mourente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
mSen resumo de edición
Liña 13:
'''Projecto Mourente''' é o nome do proxecto musical lanzado por [[Carlos Valcárcel]], músico afeccionado natural de [[Mourente, Pontevedra|Mourente]] ([[Pontevedra]]).
 
==Traxectoria==
En 2001, Valcárcel comeza a elaborar na súa casa cancións de pop electrónico en [[Lingua galega|galego]]. En 2004, colabora coa [[A Factoría Teatro|Factoría Teatro]] compondo a música para a obra infantil ''Iesi cebola contra a doutora Rabia Rabiña'', de [[Xavier Picallo]]. En 2006, lánzase no selo [[A Regueifa Plataforma|A Regueifa]] unha compilación de temas baixo o título ''Baixo os eucaliptos'' e baixo licenza [[Creative Commons]]. Malia a súa precariedade técnica, o álbum logrou certa popularidade, sobre todo con cancións como "Comos os caranguejos" (remesturado por [[Fanny + Alexander]]), "Que me enterrem na discoteca", "Mais heteros (que os heterossexuais)" e o propio "Baixo os eucaliptos". Nese mesmo ano, o proxecto compuxo unha das sintonías do programa radiofónico [[E-music]]. Durante 2007, e a pesar de que ese non era o seu obxectivo inicial, o Projecto Mourente realizou, xa coa incorporación de '''Yolanda Valcárcel''', diversas actuacións ao vivo grazas á colaboración de [[The Homens]]. As colaboracións tamén se estenderon ao dúo compostelán [[Fanny + Alexander]], a quen o Projecto Mourente mesturou dous temas publicados no álbum "Finais dos 70s, comezo dos 80s". No mesmo 2007, o Projecto Mourente participou no disco colectivo de artistas galegos ''[[Manifesto Dobarrista]]'' cunha versión de "Corpiño Xeitoso".
 
Durante 2007, e a pesar de que ese non era o seu obxectivo inicial, o Projecto Mourente realizou, xa coa incorporación de '''Yolanda Valcárcel''', diversas actuacións ao vivo grazas á colaboración de [[The Homens]]. As colaboracións tamén se estenderon ao dúo compostelán [[Fanny + Alexander]], a quen o Projecto Mourente mesturou dous temas publicados no álbum "Finais dos 70s, comezo dos 80s". No mesmo 2007, o Projecto Mourente participou no disco colectivo de artistas galegos ''[[Manifesto Dobarrista]]'' cunha versión de "Corpiño Xeitoso".

En maio de 2008, lanza ''Kara.o.ke'', o segundo álbum do proxecto, de novo na [[A Regueifa Plataforma|Regueifa]]. O lanzamento na rede fíxose cun clip do tema "Os piores inimigos". Neste segundo traballo colaboraron diferentes artistas como Noel Feáns de [[Fanny + Alexander]], Martin Wu de [[The Homens]], [[Cable]] ou [[Colectivo Oruga]]. Ademais das voces de Carlos e Yolanda, tamén contou coa colaboración de Xan Vázquez, quen xa cantara con Projecto Mourente na versión de "Corpiño Xeitoso". Con "Kara.o.ke", o proxecto continúa a liña iniciada no primeiro traballo con cancións bailábeis de pop electrónico programadas e gravadas nun simple estudio caseiro.

No verán de 2008, o tema "Chuliboy" resulta finalista no concurso [[A_polo_ghit|A Polo Ghit]] e o Projecto Mourente inclúe o guitarrista '''Álex López Sueiras''' para as actuacións ao vivo. En decembro de 2008 os lectores do [[Xornal de Galicia]] escolleron ''Kara.o.ke'' como un dos mellores discos galegos do ano. Durante 2008 e 2009 o Proxecto Mourente continuou dando concertos en diferentes lugares de Galiza.
 
==Discografía==
Liña 51 ⟶ 56:
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
* [http://www.prosciuttomourente.blogspot.com/ Blog de Projecto Mourente]
* [http://www.fotolog.com/projectomourente/ Fotolog de Projecto Mourente]
* [http://www.aregueifa.net/projectomourente.htm Projecto Mourente na Regueifa Plataforma]
 
[[Categoría:Música electrónica]]