Benito Pérez Galdós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
Carronada (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: data correcta
Liña 10:
 
En [[1865]] asiste aos feitos da [[Noite de San Daniel]], os cales lle impresionan vivamente, e ese mesmo ano comeza a escribir como redactor meritorio nos xornais ''La Nación'' e ''El Debate'', así como na ''Revista del Movimiento Intelectual de Europa''. Ao ano seguinte, e en calidade de xornalista, é testemuño do pronunciamiento dos sarxentos do Cuartel de San Gil. Leva unha vida cómoda vivindo primeiro por dúas das súas irmás e logo en casa do seu sobriño, José Furtado de Mendoza. Segundo pintou [[Ramón Pérez de Ayala]], o que as fotografías confirman, era un descoidado no vestir, conformábase sempre con ir de tons sombríos para pasar desapercibido e no inverno levaba enrolada ao pescozo unha bufanda de lá branca, cun cabo colgando do peito e outro ás costas, un puro a medio fumar na man e, cando estaba sentado, aos pés o seu can alsaciano. Cortábase o pelo ao cero e padecía horribles migrañas.
[[Ficheiro:Benito perez galdos y perro las palmas 18901894.jpg|thumb|left|200px|Galdós nas Palmas, 1890]]
Era proverbial a súa timidez, que lle facía ser máis que parco en palabras e en aspecto dunha modestia inverosímil, ata o punto de sufrir ao falar en público. Entre as súas dotes estaba o posuír unha memoria visual portentosa e unha retentiva incrible que lle permitía lembrar capítulos enteiros do [[Don Quixote da Mancha|Quixote]] e detalles minúsculos de paisaxes vistas soamente unha vez vinte e cinco anos antes. Diso nacía tamén a súa gran facilidade para o debuxo. Todas estas calidades desenvolveron nel unha das facultades máis importantes nun novelista, o poder de observación.