Diferenzas entre revisións de «Alfred Charles Kinsey»

Arranxos varios
m (bot Engadido: eu:Alfred Kinsey)
(Arranxos varios)
{{SenReferencias}}
 
[[Ficheiro:Time-1953-08-24.jpg|thumb|right|]]
 
==Traxectoria==
===A súa preparación científica e os seus primeiros anos: o zoólogo===
Entre 1914 e 1916 estudou no Bowdoin College de Brunswick ([[Maine, Estados Unidos da América|Maine]], EUA) onde se licenciou en bioloxía e psicoloxía. A súa cualificación foi cum laude. Máis tarde, en setembro de 1919 doutorouse en bioloxía pola [[Universidade Harvard]]. En agosto de 1920 empezou a impartir clase como profesor asociado de zooloxía na [[Universidade de Indiana]]. Durante este período dedicouse fundamentalmente á zooloxía. As súas investigacións iniciais centráronse no estudo dunha diminuta avispaavespa. Axiña Kinsey conseguiu unha importante reputación grazas ás estas minuciosas investigacións, fundamentadas en análises estatísticos, en taxonomía e evolución animais.
 
===Investigando o comportamento sexual dos seres humanos===
Non obstante, en [[1938]] ocorreu un feito que cambiaría o ámbito investigador do doutor Kinsey. Ese ano recibiu o encargo de impartir un curso sobre matrimonio, recentemente incorporado á oferta da Universidade de Indiana. Kinsey centrou as súas leccións nos aspectos biolóxicos do matrimonio. Inmediatamente quedou fascinado ó descubrir a complexidade do comportamento sexual humano e a escasezescaseza, por non dicir, inexistencia de estudos ó respecto. Axiña Kinesy comezou a recompilar historiais sobre a vida sexual dos norteamericanos. Pero o seu traballo neste eido espertou unha forte polémica na comunidade universitaria de Indiana o que obrigou a Kinsey a proseguir as súas investigacións de forma privada. Kinsey elaborou un profuso test e dedicouse a viaxar por todo o este dos EE. UU. en busca de persoas dispostas a relatarlle a súa vida íntima. Para Kinsey foi todo un achado descubrir os submundos da prostitución e da homosexualidade.
 
En 1940 Kinsey puido contar por primeira vez cunha bolsa, ofrecida pola fundación [[Rockefeller]], para continuar o seu proxecto. Inmediatamente contratou e adestrou un grupo de colaboradores. Con este equipo conseguiu confeccionar máis de 18.000 entrevistas. A partir destas entrevistas, Kinsey puido establecer diversas correlacións que estiveron na base do libro que publicou en 1948: ''Sexual Behavior in the Human Male'' ("O comportamento sexual no home"). Ademais o ano anterior á publicación do libro, isto é, en 1947 Kinsey acordou con Herman B. Wells, reitor da Universidade de Indiana, a creación do ''Institute for Sex Research'' ("Instituto para a Investigación Sexual"), rebautizado en 1982 como ''The Kinsey Institute for Research in Sex, Gender, and Reproduction'' ("Instituto Kinsey para a Investigación en Sexo, Xénero e Reprodución").
Alfred C. Kinsey morreu en [[1956]] ós 62 anos de idade convertido nunha autoridade mundial no inexplorado eido da sexualidade humana.
 
En vida, a partir da publicación en 1948 de ''Sexual Behavior in the Male Male'', Alfred C. Kinsey, ata daquela un escuro e ignorado profesor da Universidade de Indiana, converteuse nunha figura pública de primeira orde. Na mente de moitos norteamericanos, Kinsey deveu nun sinóminosinónimo de sexo. Kinsey non deixou de cultivar esta faceta. De feito, dise que comezaba a maioría das súas conferencias dicindo que un 95% dos oíntes que acudiran a escoitalo se atopaban fóra da lei porque practicaban en actos sexuais ilegais como o adulterio, a fellatiofelación, a homosexualidehomosexualidade ou a zoofilia.
 
Kinsey foi obxecto tanto de admiración coma de deostación. Aínda hoxe en día, a súa figura é para moitos polémica. En 1981, a doutora Judith Reisman acosouno de pederastia polas súas investigacións no eido da sexualidade infantil, acusación que reiterou en 1990 coa publicación dun libro denunciatorio. Reisman sostiña, sen ningunha evidencia a favor, que Kinsey secuestrara e abusara, así como fomentara o secuestro e abuso de menores, con fins investigadores. Tal acusación, desmontada nos tribunais, probablemente só tiña por obxecto desacreditar ó doutor Kinsey e uníase a unha longa serie de acusacións máis ou menos veladas sobre a vida sexual do propio doutor.
 
==''Sexual Behaviour in the Human Male''==
O libro ''Sexual Behavior in the Human Male'' converteuse case de inmediato nun best-seller (vendeu máis de 200.000 ó pouco de aparecer) maila ser publicado nunha minúscula editorial especializada en obras científicas. Con todo, tratábase dun sesudo libro de difícil lectura, que abranguía máis de 800 páxinas, a maioría delas consagradas a defender a metodoloxía empregada e a presentar os resultados estatísticos obtidos. Non era, nin moito menos, un libro escabroso ou obscesoobsceno, como moitos puideron pensar.
 
Non obstante, ''Sexual Behavior in the Human Male'' era un libro polémico. As súas conclusións eran sorprendentes para os plácidos anos 1940. Por unha parte, reflictíareflectía que a vida sexual dos norteamericanos era moito máis activa do que confesaban en público, que case un terzo dos homes casados eran infieis, que case un 37% dos norteamericanos tivera polo menos unha experiencia homosexual, que case un 20% dos homes practicara sexo con animais. Para moitos estes feitos eran inaceptables dende un punto de vista moral ou relixioso.
O libro ''Sexual Behavior in the Human Male'' converteuse case de inmediato nun best-seller (vendeu máis de 200.000 ó pouco de aparecer) maila ser publicado nunha minúscula editorial especializada en obras científicas. Con todo, tratábase dun sesudo libro de difícil lectura, que abranguía máis de 800 páxinas, a maioría delas consagradas a defender a metodoloxía empregada e a presentar os resultados estatísticos obtidos. Non era, nin moito menos, un libro escabroso ou obsceso, como moitos puideron pensar.
 
Non obstante, ''Sexual Behavior in the Human Male'' era un libro polémico. As súas conclusións eran sorprendentes para os plácidos anos 1940. Por unha parte, reflictía que a vida sexual dos norteamericanos era moito máis activa do que confesaban en público, que case un terzo dos homes casados eran infieis, que case un 37% dos norteamericanos tivera polo menos unha experiencia homosexual, que case un 20% dos homes practicara sexo con animais. Para moitos estes feitos eran inaceptables dende un punto de vista moral ou relixioso.
 
Na esfera científica criticouse ademais a metodoloxía empregada para obter os resultados. Por un lado, negouse a veracidade estatística dos resultados. A maior crítica ó seu traballo vén dun concepto chamado "autoselección". Un dos elementos máis importantes para a neutralidade dun estudo estatístico é a selección da mostra. No estudo de Kinsey as persoas que contestaban a súa enquisa facíano voluntariamente, é dicir, autoseleccionábanse. Debido ó tema, arrodeado de tabús, era moi fácil que as persoas dispostas a falar de sexo fosen precisamente aquelas que vivían unha sexualidade máis complexa, activa ou enfermiza.
 
Ademais, Kinsey, probablemente pola súa propia extracción social, tendeu a escoller varóns de raza branca, clase media e formación alta. Estes constituíron o núcleo principal da súa investigación. Frecuentou tamén os presidios nun intento de incluír suxeitos de clases máis baixo, pero evidentemente a poboación recrusareclusa forma unha clase social aparte en nada representativa das clases sociais baixas. Por outro lado, non puido apenas conseguir entrevistas que abranguesen a grupos raciais non brancos. Por outro lado, tamén se alegou que Kinsey se deixou levar polos ambientes sexuais máis sórdidos tendendo a sobrevalorar a incidencia do adulterio, a homosexualidade, a pederastia ou a prostitución.
 
 
==''Sexual Behavior in the Human Female''==
 
Maila as críticas, o doutor Kinsey volveu á carga en 1953 con ''Sexual Behavior in the Human Female'', libro que analizaba o comportamento sexual das mulleres. O libro espertou unha gran expectación. De feito, no verán de 1953, semanas antes da publicación, Kinsey estaba tan preocupado con que a prensa presentase de xeito inexacto as súas investigacións, que convocou na súa casa ós xornalistas e presentoulles un resumo dos contidos da obra. Durante catro días recibiu a máis de 60 periodistas de EE. UU., Gran Bretaña, Alemaña, Australia, Países Baixos, Escandinavia, etc. A única condición que impuxo Kinsey, baixo contrato, foi que os xornalistas só podían escribir artigos de 5.000 palabras máximo que debían entregar a Kinsey para que el as supervisase antes da súa publicación. Ningún destes artigos debía aparecer antes do [[20 de agosto]] de [[1953]], unha xornada que a prensa bautizou como o día K (por Kinsey).
 
Cando ''Sexual Behavior in the Human Female'' apareceu o [[14 de setembro]] de [[1953]], os norteamericanos abalánzaronseabalanzáronse ós quioscos e o libro vendeuse a un ritmo vertixinoso.
 
De novo arreciaron as críticas. Os estudosos insistiron nas deficiencias que xa denunciaran en ''Sexual Behavior in the Human Male'', especialmente na selección dos suxeitos investigados. Consideraban que o estudo se centraba inevitablemente nas mulleres cun comportamento sexual máis "aberrante" mentres as "boas" mulleres, as amas de casa, simplemente se negaban a participar na investigación.
 
 
== Obra ==
Estes resultados, levaron a Kinsey a confeccionar a ''[[Escala de Kinsey]]'' sobre a heterosexualidade-homosexualidade, onde o grao 0 manifestaba unha heterosexualidade completa e o 6 unha homosexualidade exclusiva e dominante. Aínda así, o seu estudo amosa que a maioría das persoas atopábanse dentro do número 1 ou 2 na súa escala.
 
As conclusonesconclusións que se extraen da obra de Kinsey diferían radicalmente a apreciación da homosexualidade como fenónemofenómeno minoritario: a metade dos varóns da mostra estudada tiveran polo menos unha experiencia homosexual (a nivel físico ou de fantasía), aínda que era moi frecuente que tivesen máis dunha, ou ata unha vida homosexual exclusiva (4%). Xa que logo, este tipo de sexualidade non era excepcional, o que viña indicar que a homosexualidade en si non era un índice de patoloxía mental, como demostrarían posteriormente Churchill en [[1967]], Silverstein en [[1972]] ou Martin e Lyon tamén o mesmo ano, quen argumentan nos seus estudos que a maioría de homosexuais masculinos e femininos identifícanse co seu propio sexo, ao contrario do que a miúdo considérase en canto ao afeminamento do varón ou a masculinización da muller.
 
O estudo de Kinsey, recibiu numerosas críticas no que á súa metodoloxía e resultados prefírese, das que destacan as realizadas por German en [[1948]].
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
* [http://www.youtube.com/watch?v=33PlciqfGYw&feature=related Alfred Kinsey, o científico do sexo]. Reportaxe. Vídeo en YouTube, primeiro dunha serie de nove.
 
{{DEFAULTSORT:Kinsey}}
42.198

edicións