Coralismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 46:
O coro máis importante foi [[Aires da Terra]], tanto polo seu éxito musical, como pola súa fórmula de estética e repertorio baseado na cultura tradicional (harmonizado segundo criterios cultos), definindo un modelo enxebrista que seguirán coros posteriores. Un modelo que tardou en ser aceptado sen burla. Por exemplo, era común que as representacións se fixesen con vestiario tradicional, algo que resultaba chocante ata para os propios integrantes do grupo <ref name="calle">Calle, Jose Luis: A música tradicional con nomes propios; en {{Cita libro| autor =VV.AA.| título = O Feito Diferencial Galego - A Música V.I| ano =1998| publicación =A editorial da Historia| id = ISBN 84-88908-08-3}}</ref>. As súas representacións incluían ''[[estampas galegas]]'', dramatizacións e escenografías que tentaban reproducir o ambiente rural no que se producían as escenas.
 
E se no País Vasco os coros estaban presentes nos actos dos partidos nacionalistas, en Galicia os coros dos actos públicos dos galeguistas durante a [[Segunda República Española|II República]] os coros entoaban sempre o [[Os Pinos|Himno Galego]]. Significativamente a primeira interpretación do mesmo realizouna a [[Sociedade Artística de Pontevedra]], nunha homenaxe a [[Rosalía de Castro]], o [[13 de xaneiro]] de [[1913]]<ref name="did">[http://www.xente.mundo-r.com/net/recursos/almacen/himno.pdf O himno galego, proposta didáctica, VVAA] (visitado 29/05/2010)</ref>, e a primeira gravación realizouna o coro [[Cantigas e Aturuxos]] de [[Lugo]] o [[19 de novembro]] de [[1918]].<ref name="galiciae">[http://www.galiciae.com/nova/6111.html Galicae: Un selo sarriao descobre que o coro 'Cantigas e Aturuxos' de Lugo foi o primeiro en gravar o himno galego] (visitado 30/05/2010)</ref>
 
==Notas==