Diferenzas entre revisións de «Historia de Istambul»

borro 6 ligazóns externas que non funcionan http://toolserver.org/~dispenser/cgi-bin/webchecklinks.py?page=gl%3AHistoria_urbana_de_Istambul
(Desfíxose a edición 1560933 de 189.104.163.128 (conversa))
(borro 6 ligazóns externas que non funcionan http://toolserver.org/~dispenser/cgi-bin/webchecklinks.py?page=gl%3AHistoria_urbana_de_Istambul)
Os [[Roma antiga|romanos]] fixérona cidade do seu imperio a partires do [[-100|100 aC]] e volveu a florecer no tempo dos [[antoninos]] ([[século II|século II d.C.]]). Porén, no ano [[196]] a cidade coas súas murallas foi destruída por [[Septimio Severo]] en represalia por dar refuxio aos partidarios do seu rival.
 
De seguido deuse conta da importancia do lugar e mandou reconstruíla engrandecéndoa (dobre superficie dentro de novas murallas) e embelecéndoa con novas construcións (deu inicio ao [[hipódromo]]). A cidade recibiu o nome de '''Augusta Antonina'''<ref>[http://www.ideasapiens.com/roma/Bizancio/anexo_I_Constantinopla.jpg Plano de Constantinopla no século V]</ref>. Prosperou de novo; contaba con teatro e [[anfiteatro]] baixo a [[acrópole]] fortificada cara ao estreito; un ''stadion'' ou circo (''kynegion'') ao norte cara o Corno onde tamén estaba o ''strategion'' ou campo militar xunto a muralla á altura da actual ponte. Asemade tiña un ágora (''Tetrastoon'', catro [[stoa]]s) entre a acrópole e o hipódromo, onde tamén se situaban as chamadas Termas de Zeuxipo, o único que subsiste hoxe en día.
 
== Nova Roma: Constantinopla ==
No civil, cabe destacar as singulares obras para asegurar o abastecemento de auga a cidade, un punto no que o promontorio onde se asenta é desvantaxoso. Xa nos tempos do emperador [[Valente]] ([[368]]) rematouse un acueduto que inda continúa en pé. Xustiniano mandou construír a Basílica Cisterna e a Cisterna de Filoxeno, obras subterráneas en bóveda de ladrillo realmente asombrosas.
 
Dende o [[século V]] no que Teodosio II erixiu unha [[castelo (fortificación)|fortaleza]], houbo un suburbio na beira oposta do Corno de Ouro: [[Gálata]] ou Pera. E dende o [[século XIII]] foi lugar de asentamento de comerciantes xenoveses e no [[1348]] foi erguida a Torre de Gálata na súa muralla defensiva.<ref>[http://www.capurromrc.it/mappe/!6costantinopoli1.html Miniatura de Constantinopla no século XV]</ref><ref>[http://www.sccs.swarthmore.edu/users/06/adem/pictures/istanbul/img/galata%20kulesi.jpg Imaxe da Torre Gálata].</ref>
 
En conxunto, un organismo urbano que permanecería no esencial intacto case que mil anos.
 
Non correu esa sorte a dos Santos Apóstolos. Pola súa significación como lugar de enterramento dos emperadores bizantinos, Mehmed quixo levantar no seu lugar a primeira mesquita imperial da nova capital do [[Imperio Otomán]]: a [[Mesquita Fatih]] ([[1463]]-[[1470|70]]), derrubada por un tremor en [[1766]]), moito máis que unha mesquita, é todo un complexo (''kulliie'') que reúne tamén madrasa (escola coránica) e tumba nunha disposición de orden e proporcions clásicas.<ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=5914&image_id=170676 Plano da Mesquita de Fatih].</ref>
Tamén Mehmed II deu inicio as primeiras construcións dun pazo imperial axeitado (o bizantino estaba en ruínas). Elixiu o sitio da primitiva acrópole grega e cos séculos completaríase coma o [[Topkapi]].<ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=6137&image_id=112362 Plano do palacio Topkapi]</ref>
Asemade, para fornecer o comercio, comezou a erección do [[Gran Bazar]]<ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=9181&image_id=55364 Imaxe do Gran Bazar]</ref> (vastamente agrandado no s.XVI) nas inmediacións do antigo foro de Teodosio.
 
[[Ficheiro:Fer - Veue de Constantinople.png|thumb|right|250px|Nicolas de Fer: Vista de Constantinopla, Paris 1696]]
[[Ficheiro:Topkapi Palace Bosphorus.JPG|thumb|250px|left|Pazo de Topkapi desde o Bósforo]]
Tralo sinal deixado na cidade do "Conquistador" (Fatih), cada sultán quixo deixar a súa pegada con algunha grande obra. Así a [[Mesquita de Bayaceto II]] xunto ao bazar ([[1491]]-[[1506]]).<ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=9469&image_id=55444 Imaxe da Mesquita de Bayaceto II]</ref>
Pero o esplendor da capital otomana viría da man de [[Suleimán o Magnífico]] e o seu arquitecto [[Sinan]] (a altura do contemporáneo [[Miguel Anxo]]). Con el a arquitectura otomá alcanzaría o clasicismo, conxugando as súas antigas raizames persas coa influenza bizantina exemplificada no modelo de Santa Sofía. A primeira obra mestra será a [[Mesquita Shezade]] ([[1543]]) xunto ao acueduto de Valente.
Nela consegue a integración e claridade espacial que serán canónicas nos interiores das mesquitas otomás, mediante una cúpula central rodeada de catro semicúpulas<ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=4388&image_id=137001 Imaxe do interior da Mesquita de Shezade]</ref>. A culminación conseguiuna coa [[Mesquita Suleimaniye]] ([[1557]]), onde voltará á valoración dun eixo lonxitudinal coma en Sta. Sofía eliminando dúas cúpulas laterais. A súa monumentalidade dominando o Corno de Ouro cos característicos minaretes otománs resulta abraiante<ref>[http://www.yusuftuvi.com/photo_large/Istanbul%20-%20Turkey.htm Imaxe de Hagia Sofia cos seus minaretes]</ref>.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.iski.gov.tr/en-US/arasayfalar.php?sayfa=0-1&dosya=tarihce_1.phtm Historia da auga en Istambul] (en inglés).
* [http://www.sinanasaygi.com/en/ Páxina sobre a obra do arquitecto otomano Sinan] (en inglés).
* [http://www.ibb.gov.tr/en-US/Organization/MunicipalHistory/Pages/AnaSayfa.aspx Historia de Istanbul na páxina oficial do concello] (en inglés).
* [http://www.jordibusque.com/Index/Stories/Istanbul/Istanbul_01.html Istambul entre oriente y occidente].
{{DEFAULTSORT:Istambul}}
 
183.946

edicións