Diferenzas entre revisións de «Herba»

m
sen resumo de edición
m (bot Engadido: ar, cy, de, hi, mk, wa Eliminado: pt Modificado: no)
m
En [[botánica]], unha '''herba''' é unha planta que non presenta órganos decididamente leñosos. Os talos das herbas son verdes e morren xeralmente ao acabar a boa estación, sendo substituídos por outros novos se a herba é vivaz.
 
==Características==
Moitas herbas son anuais, nacendo de semente ao comezo da estación favorable deixando ao acabar esta novas sementes no [[chan]]. Existen tamén herbas vivaces, que retoñan dende talos subterráneos ou situados a niveis de chan. Os órganos subterráneos implicados son [[rizoma]]s (talos horizontais) e [[bulbo]]s. Moitas herbas bienais forman unha roseta de follas pegada ao chan no seu primeiro ano, no que non se reproducen, e un talo alto e florido, o escapo floral, no seu segundo ano.
 
Chámase megaforbias (herbas xigantes) a plantas que respondendo formalmente ao concepto anterior, acadan unha porte considerable, ata de varios metros. Este é o caso, por exemplo, das diversas especies de bananas (xénero ''[[Plátano|Musa]]'').
44.565

edicións