Cimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Image:Image-Found-House-Apt.png|thumb|right|Cimentos superficiais nunha casa e profundos nun [[rañaceo]]s.]]
O '''cimento''' ou '''alicerce''', termos usualmente empregados en plural, ou '''cimentación''' ou '''fundación''', é o conxunto das estruturas utilizadas para transmitiren as cargas da [[construción]]s ao [[solo]]. Debido a que a resistencia do chan é, xeralmente, menor que os [[piar]]es ou muros que soportará, a área de contacto entre o terreo e a cimentación será proporcionalmente máis grande que os elementos soportados (agás en solos rochosos moi coherentes).
 
Os cimentos son importantes, pois son o grupo de elementos que soportan a superestrutura, para o cal se emprega a chamada zapata de cimentación, que divide as cargas da edificación en partes iguais de xeito que ningunha exceda a outra.
Liña 8:
 
===Cimentos superficiais===
Tecnicamente, os cimentos superficiais, rasos ou directos son aqueles en que a profundidade de escavación está a pouca distancia da base do edificio, sendo maismáis empregadas en casos de cargas leves, como [[residencia]]s, ou no caso de solo firme. A [[placaviga de cimentación]] (baldrame) é o tipo maismáis simple de cimento superficial. É unha [[viga]], que pode ser de [[albanelaría]], de [[formigón]] ou [[formigón armado]] construída directamente no solo, dentro dun pequeno foxo. Outro tipo de cimento superficial é a [[zapata]], que pode ser do tipo illada, corrida ou centrada.
 
*[[Zapata]]s illadas: soportan piares illados que poden ser interiores, medianeiros ou de esquina
*Zapatas combinadas: dous piares contiguos.
*Zapatas corridas: conxunto de tres piares ou máis ou muros.
*[[Pozo de cimentación|Pozos de cimentación]]: buratos para piares illados.
*[[Viga de cimentación|Vigas de cimentación]]: integran de xeito linear varios piares ou un muro.
*Emparrillados: vigas de cimentación, en xeral, en retícula.
*[[Placa de cimentación|Placas de cimentación]].
 
===Cimentos profundos===
Os cimentos profundos son máis utilizadas en casos de [[edificio]]s altos en que os esforzos do vento se tornan considerábeis, e/ou nos casos en que o solo só atinxe a resistencia desexada en grandes profundidades. Os tipos máis comúns de cimento profundo son as estacas cónicas e as estacas flotantes. As [[estaca]]s, conforme o material de que son constituídas, poden ser: de madeira, metálicas, formigón armado ou premoldadas.
 
[[Categoría:Construción]]