Garda Pretoriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 38:
O ''optio'' (segundo do centurión) tiña certas particularidades en relación ao seu homólogo na lexión, estes ascendían a centurións lexionarios e non aos centurións pretorianos como tiña que ser, pero coma todos terían que facer a carreira ecuestre. Dentro do grupo de ''optios'' existían dous suboficiais con tarefas específicas:
* ''Optio carceris'' ou ''optio ad carcerem'': era o encargado da prisión militar que estaba na ''[[castra praetoria]]''.
* ''Optio equitum'': estaba ao mando das unidades menores (''turmae'') da [[cabalería]] pretoriana.
====''Signifer''====
O ''signifer'' era o rango equivalente ao ''[[aquilifer]]'' das lexións, xa que na Garda non existía esta última función ao non ter de símbolo a aguia (o seu símbolo era o escorpión); isto non significa que non puideran dispor de estandartes con este emblema.
Liña 49:
Os ''immunes'' pertencía á tropa pero desfrutaban dunha serie de exencións de servizo que os diferenciaba dun simple soldado raso (''munifex''). Ata o século II estes non se diferenciaban claramente dos principais. Eran soldados especialistas rebaixados das fatigas propias do campamento no que se aloxaban.
 
===''Beneficiarii''===
Unha mención especial dento do grupo de ''principales'' e ''inmunes'' merecen os ''beneficiarii''. Se pode distinguir claramente dous tipo; aqueles que desempeñaban as súas funcións xunto aos altos mandos pretorianos (''beneficiarii tribuni'' ou ''beneficiarii praefecti praetoriarum'') e aqueles que eran destacados nunha ''statio'' con algunha función específica, xeralmente control ou xestión de rutas de abastecemento ou puntos estratexicamente importantes das redes comerciais do imperio; tamén se coñece a toda unha serie de pretorianos destacados en comisión de servizos como ''stationarii'', estos soldados están relacionados con intereses imperiais, control de rutas de abastecemento ou apoio de altos maxistrados.
 
==Véxase tamén==