Armada Inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Execución: arranxiño
Liña 17:
O seguinte paso era fomentar o levantamento portugués. A aristocracia portuguesa aceptara a Filipe II como rei de Portugal en [[1580]]. O pretendente, o [[Antonio I de Portugal|Prior de Crato]], non sendo capaz de establecer un goberno no exilio, pediu axuda a Inglaterra. Isabel aceptou axudalo, co obxectivo de diminuír o poder de España en Europa e de abrir as rutas comerciais ás Indias.
 
O Prior de Crato, herdeiro final da [[Casa de Avis]], non era un candidato demasiado bo: carecía de carisma, a súa causa estaba comprometida por falta de lexitimidade e tiña un opoñente mellor visto polas cortes portuguesas, [[Catalina de Portugal, Duquesa de Bragança(1540-1614)|Catalina, Duquesa de Bragança]]. Norreys chegou a [[Lisboa]], defendida por unha garda pouco afecta a Filipe, pero o levantamento non ocorreu e Lisboa non chegou a ser tomada. Ao chegaren os ingleses a Lisboa, a súa situación era dramática porque carecían de medios para forzar a súa entrada na capital. Faltáballes pólvora e municións, non tiñan cabalos nin canóns e esgotaran os alimentos.
 
O [[30 de xuño]] Drake capturou unha frota de barcos comerciais [[hanseáticos]], que romperan o bloqueo inglés rodeando as illas por [[Escocia]]. Pero non serviu para sufragar os gastos da expedición porque para acalar as protestas das cidades da Hansa, eses navíos tiveron que ser devoltos coas súas mercadorías aos seus lexítimos propietarios.